TURISMO
Novo produto turístico conxunto cos destinos o sudoeste europeo
Os participantes no encontro acordaron presentar esta nova experiencia turística en xaneiro en Madrid no transcurso da Feira Internacional de Turismo (Fitur).
![[Img #37413]](upload/img/periodico/img_37413.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta semana na localidade lusa de Coimbra na reunión do grupo de traballo de Turismo da Macrorrexión do Sudoeste Europeo (RESOE) na que se avanzou no deseño do novo produto turístico conxunto entre o Principado de Asturias, Castela e León, Cantabria e Norte e Centro de Portugal que permitirá a difusión dos atractivos turísticos de cada unha destas rexións e favorecerá o tráfico de turistas entre estes destinos.
Tomando como fío condutor o Camiño de Santiago e os Patrimonios Mundiais, o grupo de traballo acordou presentar de xeito conxunto este produto o vindeiro mes de xaneiro en Madrid, no transcurso da Feira Internacional de Turismo (Fitur).
Os representantes da RESOE avanzaron en asuntos como a imaxe identificativa, así como a produción de material gráfico e audiovisual para apoiar este produto que buscará a peculiaridade e os elementos diferenciais de cada destino e no que se integrará a cultura, a arte, a gastronomía, a natureza e a actividade ao aire libre.
Na reunión tamén se acordou continuar traballando para impulsar esta Macrorrexión explorando as sinerxias sobre o turismo de compras co desenvolvemento dunha marca de calidade para establecementos comerciais vencellados ao Camiño de Santiago, especialmente ao pequeno comercio e artesanía.
Tomando como fío condutor o Camiño de Santiago e os Patrimonios Mundiais, afondará na difusión dos atractivos turísticos de cada unha destas rexións integrando a cultura, patrimonio, arte, gastronomía e natureza
O encontro celebrado hoxe en Coimbra, no que tamén participou o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e representantes de Turismo de Portugal e da Cámara Municipal de Coimbra, enmárcase na programación anual desta Macrorrexión, que inclúe reunións itinerantes nos diferentes destinos que o integran. A anterior xuntanza celebrárase o pasado mes de abril en Santiago de Compostela.
Promoción coordinada
A Macrorrexión do Sudoeste Europeo xurdiu para constituír un espazo estratéxico que impulse o desenvolvemento económico e os reequilibrios territoriais destes destinos e conta con grupos de traballo en diversas áreas.
En materia de Turismo céntrase na xestión e promoción coordinada dos recursos do patrimonio histórico artístico, en proxectos comúns de promoción cultural e no establecemento de rutas e itinerarios culturais e turísticos coa intención de potenciar o ámbito territorial como único destino turístico.
Ademais, os destinos membros teñen o compromiso de estudar proxectos comúns e materia de promoción cultural para atraer turismo de calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115