O PORRIÑO
O plan de emerxencia exterior de Syngenta recibe informe favorable de Protección Civil
Estes plans, elaborados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, teñen como función básica determinar as zonas de intervención e alerta e prever as medidas de seguridade a adoptar en caso de accidente.
![[Img #37426]](upload/img/periodico/img_37426.jpg)
A comisión permanente do Consello Nacional de Protección Civil, reunida hoxe en Madrid, emitiu o seu informe favorable aos plans de emerxencia exterior de Arteixo, Cabo Prioriño e Syngenta España, elaborados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
O director xeral, Luis Menor, expuxo que estes plans teñen como función básica determinar as zonas de intervención e alerta e prever a estrutura organizativa e os procedementos de intervención e información a poboación sobre as medidas de seguridade que deben tomarse en caso de accidente.
Ademais, a Comisión Nacional tamén emitiu un informe favorable sobre o Plan Especial de Protección Civil ante o Risco de Inundacións en Galicia (Plan Inungal) e o Plan de Emerxencias Exterior do complexo industrial de San Cibrao (Lugo). Estes plans xa están vixentes ao ser elaborados antes da creación do Consello.
O plan Inungal supón unha actualización do plan anterior, aprobado en 2002, e adáptase aos importantes cambios relacionados coa xestión do risco de inundacións, tendo en conta, entre outros aspectos, os plans de emerxencia de presas elaborados e a creación da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).
Finalmente, o director xeral, acompañado por técnicos da empresa Gas Natural Fenosa, deu conta dunha proposta novidosa no plan da presa de Velle. Trátase do emprego de aplicacións móbiles para alertar á poboación situada en zona inundable, xa que a solución tradicional de avisos por sirena non é aconsellable neste caso ao afectar a un elevado número de persoas na cidade de Ourense e o seu contorno.
Syngenta na Louriña
Despois da "campaña informativa" dirixida aos responsables dos colexios e ANPAs da zona, así como en centros sanitarios, garderías e distintos colectivos da poboación máis achegada ás instalacións de Syngenta, e tras realizarse o primeiro simulacro no que se activou o Plan de Emerxencia Exterior desta empresa ubicada na Louriña, agora o Consello Nacional de Protección Civil emitiu o seu informe favorable as plan de emerxencia exterior de Syngenta España.
As normativas europea (directiva SEVESO) e estatal obrigan ás administracións públicas a elaborar e implantar planes de emerxencia nas instalacións que almacenan determinados produtos químicos a partir de certas cantidades umbrais.
Syngenta Agro, S.A. encóntrase situada no linde municipal que separa os municipios do Porriño e Mos, aínda que maioritariamente no primeiro.
A empresa leva instalada no termo municipal de Mos, en concreto na estrada Porriño-Gondomar, máis de 60 anos, pero é agora cando se elabora este plan de prevención porque é recente a esixencia da normativa autonómica de redactar os Plans de Emerxencia Exterior (PEE).
Protocolo de actuación
O protocolo de actuación no que consiste este plan vai dirixido específicamente a dúas zonas do contorno da empresa Syngenta, a chamada zona de intervención na que se atopan situadas unhas 150 vivendas, e a zona de alerta que abarca tres kilómetros de radio ó redor das instalacións da empresa.
Nas instalacións de Syngenta Agro, S.A. no Porriño traballan unhas 100 persoas e encóntranse nun recinto compartido coa empresa Biofabri, na que hai máis de 110 traballadores. Biofabri realiza fundamentalmente actividades de envasamento de productos farmacéuticos e non está afectada pola normativa de accidentes graves.
Sistemas de aviso á poboación
O sistema primario de avisos á poboación consistirá en “sirenas electrónicas, controladas tanto en local como a través dun sistema remoto instalado no CAE 112- GALICIA, con cobertura na zona de alerta e intervención”.
No caso de “accidente con emisión de nube tóxica persistente o confinamento aplicarase como medida principal nun raio de 1.500 metros arredor das instalacións de Syngenta” segundo sinala o documento.
Segundo este Plan “no caso de nube tóxica persistente, situación moi factible dada a configuración do terreo nas inmediacións do Porriño, o confinamento estenderase a toda a poboación da zona incluída no interior dun círculo de 3.500 metros de radio”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191