O PORRIÑO
Bará acada o compromiso do PP para resolver os residuos de lindano no Concello do Porriño
O estudo realizado en 1999 confirmou a localización de solos contaminados no Polígono das Gándaras e Torneiros e recentemente no lugar de Contrasto tralas obras de saneamento.
O deputado por Pontevedra, Luis Bará acadou o compromiso do grupo parlamentar do Partido Popular na comisión de Medio Ambiente para iniciar as medidas necesarias contra os riscos á saúde dos solos contaminantes por lindano no concello do Porriño.O nacionalista lembrou que o estudo realizado no ano 1999 confirmou a localización de solos contaminados por lindano no Polígono das Gándaras e Torneiros así como a presenza deste produto no lugar de Contrasto despois de realizar as obras de saneamento.
O texto da proposición non de lei do BNG, transaccionado co PP e Psoe contou coa unanimidade da comisión para instar ao Goberno galego a: rematar, no tempo máis breve prazo posible, o estudo exhaustivo que se está realizando sobre os solos contaminados con lindano no concello do Porriño; tras os resultados do estudo e localizadas as zonas contaminadas, realizar en colaboración co concello un proxecto de descontaminación das zonas afectadas que deberá comezar a executarse ao longo do ano 2018; continuar adoptando en colaboración co concello de Porriño as medidas preventivas necesarias para evitar riscos para a saúde das persoas e colaborar coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil co concello para garantir o abastecemento de auga á poboación afectada.
Na súa intervención, o deputado do BNG lembrou que o lindano comezou a ser coñecido a finais dos anos 40 e mediados dos 60. A empresa Zeltia, explicou Bará, sintetizou Lindano, un hexaclorociloexano utilizado para a fabricación de insecticidas. Os residuos cristalizados xerados neste proceso de fabricación foron empregados como material para a construción de camiños e estradas, así como en recheos en diversas obras a pesar da alta toxicidade do produto cuxos efectos incrementáronse co paso do tempo provocando un grave risco para a saúde e o medio ambiente.
O parlamentario nacionalista recibiu con satisfacción o acordo acadado hoxe no Parlamento galego e anunciou que o BNG vixiará o cumprimento deste acordo que fai imprescindíbel a actuación da Xunta de Galiza para procurar unha solución definitiva á contaminación de solos e pozos de auga no concello do Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191