PONTEAREAS
Nava Castro reafirma o compromiso da Xunta cos xeodestinos tras a incorporación de Condado-Paradanta
Recordou que este novo xeodestino, do que forman parte Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz-Balneario, Mondariz, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, fará de Galicia un destino máis competitivo.
![[Img #37454]](upload/img/periodico/img_37454.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientaba esta semana o importante papel que os xeodestinos galegos están a ter á hora de reforzar zonas menos desenvolvidas turisticamente. Tamén recordou a aposta de Turismo de Galicia para impulsalos, fomentando a creación e promoción de iniciativas turísticas, para o que destina 1,5 millóns de euros nos orzamentos de 2018.
Así o avanzou durante a presentación do novo xeodestino pontevedrés Condado-Paradanta do que forman parte os concellos de Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz-Balneario, Mondariz, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño e que completa o mapa turístico galego para facer de Galicia un destino máis competitivo.
A directora referiuse á aposta do seu departamento por impulsar a creación e promoción de iniciativas turísticas nestas agrupacións de municipios, para o que se destina unha partida de 1,5 millóns de euros nos orzamentos do próximo ano
Nava Castro salientou o papel estratéxico que os concellos que integran este novo xeodestino teñen no turismo galego ao aglutinar, dixo, “gran parte deses recursos que tanto valoramos e que fan de Galicia un destino único”. Neste sentido, referiuse á súa importante tradición vitivinícola e termal, así como ás súas numerosas opcións de turismo activo.
Tamén fixo mención á gran pegada patrimonial ou mesmo ao importante peso das tradicións nesta zona da provincia de Pontevedra como demostran a media ducia de festas de interese turístico como a festividade do Corpus Christi de Ponteareas, de Interese Internacional, ou a Festa da Lamprea de Arbo, de Interese Turístico Nacional ou entre outras.
Eficaces xestores do destino
A responsable de Turismo da Xunta celebrou a posta en marcha deste novo xeodestino que, firmou, dá resposta a unha das once liñas de traballo da Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta elaborada co sector para acompañar o crecemento ordenado e planificado do turismo en Galicia. “Nela reforzamos o noso compromiso con vós a través de apoio de iniciativas que impulsen os xeodestinos porque sabemos que, ademais de ser potentes instrumentos de promoción, sodes tamén eficaces xestores do destino”, explicou.
É por iso polo que Turismo de Galicia colabora co novo xeodestino Condado-Paradanta para a posta en marcha da súa páxina web, así como na edición de material informativo e promocional e no deseño de actividades de turismo cultural e natural, ou na comercialización de paquetes turísticos mediante acordos con operadores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180