SALCEDA DE CASELAS
Davila acusa a Besada de mentir sobre a planificación da cicloxénese
"O Alcalde chegou a afirmar que tanto a Brigada de Vías e Obras como a Policía Local estarían operativas a sabendas de que estaba mentindo" asegura Davila.
![[Img #37493]](upload/img/periodico/img_37493.jpg)
Dende o PP explican que "o pasado sábado día 9, o Alcalde aseguraba nunha publicación que se activara o Protocolo Municipal de Emerxencias ante a chegada da cicloxénese “Ana”: retén da Brigada de Vías e Obras en alerta apoiado por Guardia Civil e Policía Local, ademáis de empresas de obra civil provedoras do Concello se fose preciso".
No entanto, “a realidade foi ben diferente”, segundo asegura o voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Davila. “O Alcalde minte descaradamente unha vez máis, e o que é peor, á conta das desgracias dos/as veciños/as. Non é certo que Besada planificase con anterioridade a chegada da cicloxénese. Non houbo unha reunión previa cos traballadores do Concello para establecer un Plan de Actuación; os veciños/as chamaban á Policía Local, dado o desastre da situación, mais a mesma non estaba operativa porque non traballaron ese día nin estaban en alerta como o Alcalde chegou a afirmar. Na Ponte do Robal, un coche quedou atrapado por ausencia da sinalización. Ónde estaba a Brigada de Vías e Obras? Hai imaxes que demostran que a maquinaria do Concello estivo parada, polo que non se prestou o servicio…”
"Foron os propios veciños os que tiveron que sinalizar as estradas para evitar danos maiores" asegura Davila
Continúa o voceiro “Besada chegou a asegurar que o domingo 10 estivera no Cerquido coa excavadora para abrir e evitar que a auga chegase ás empresas, mais o certo é que visitei as zonas afectadas xunto ó Concelleiro Joaquín e tal e como se aprecia nas imaxes, o acceso a algunhas delas era intransitable”.
“Saben vostedes cándo se achegou o Alcalde ás parroquias afectadas? Cando lle comentaron que este concelleiro estaba xunto ós veciños sinalizando as estradas inundadas… Ése é o seu Sentir Salceda! Ónde está a planificación da que falaba? Por qué se minte ós/ás veciños/as cun tema tan serio? Somos conscientes de que non todo pode estar limpo en todo o Concello o mesmo tempo, mais o que non se pode facer é presumir de xestión cando un ten totalmente descoidadas as parroquias e o único que fai é vender fume, propaganda e falsos sentimentos…” remata Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115