GALICIA
A Xunta iniciará a revisión do plan da seca no que se incorporarán novos criterios
A previsión é que a nova planificación da seca en Galicia estea aprobada en 2019. Incorporará a diferencia entre seca prolongada e escaseza.
![[Img #37501]](upload/img/periodico/img_37501.jpg)
Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, iniciará no ano 2018 a revisión do Plan da Seca, co fin de ter a actualización completa no ano 2019. Nesta nova planificación incluiranse os novos criterios presentados hoxe no Consello Nacional da Auga.
Neste eido prevense dous escenarios técnicos, o de seca prolongada e escaseza, que probablemente substitúan ás fases actuais de prealerta, alerta e emerxencia. Esta diferenciación é importante á hora de decidir as medidas para paliar os seus efectos e activar as medidas necesarias.
Tras a reunión do Consello Nacional da Auga, na que participou o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, explicou que na actualidade só se fala de seca, pero dentro deste amplo concepto é imprescindible diferenciar entre unha seca prolongada, cando se produce un período temporal amplo de carencia de precipitacións, e de escaseza, aquela situación na que non existen recursos hídricos suficientes para atender as demandas existentes.
Aclarou que este cambio farase no momento no que se complete a revisión do Plan da seca na Demarcación Galicia-Costa, que tras a súa aprobación en 2013, será actualizado co fin de poder ser aprobado no ano 2019, un período similar ao que estarán os das demarcacións hidrolóxicas dependentes do Estado.
O director de Augas de Galicia destaca o traballo da Comunidade na futura Instrución Estatal na que se fixan uns criterios comúns para as demarcacións intercomunitarias co fin de axustar o sistema de indicadores por seca
Destacou ademais o traballo de Augas de Galicia na harmonización de criterios para a redacción dos plans de seca, que se aplicarán nas revisións dos plans, para axustar o sistema de indicadores por seca. Estes criterios estarán recollidos nunha instrución estatal, que servirá de referencia sobre todo para as comunidades autónomas que comparten demarcacións.
Tal e como indicou o director de Augas, esas novas instrucións permitirán mellorar o marco común de actuación e a coordinación necesaria entre comunidades ante este tipo de situacións, un aspecto que debe estar garantido, insistiu, para unha cuestión tan prioritaria como a xestión da auga. Por este motivo, defendeu tamén o papel “proactivo” asumido por Galicia nese grupo de traballo co fin de contribuír ao avance nos plans de xestión contra a seca e “en todas as medidas que haxa que abordar a curto, medio e longo prazo para adaptarse a este cambio climático que viu para quedarse”.
Así mesmo, incidiu que o Plan Auga de Galicia será actualizado na mesa da auga dentro da Estratexia de Cambio Climático de maneira que podamos avanzar nas posibles necesidades a longo prazo. "A Xunta agora mesmo está desenvolvendo unha Estratexia de Cambio Climático e nela evidentemente ten una vital importancia polos momentos que estamos a vivir a Mesa da Auga, na cal abordarase como adaptarnos a ese cambio climático", engadiu Rodríguez Martínez, quen considera que “da capacidade que teñamos para adaptarnos a este novo escenario dependerá que a sequía chegue ou non para quedarse".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191