Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 20 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Remata o proceso de implantación da administración electrónica en 54 concellos da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer o estado de situación do proxecto de administración electrónica que a institución provincial está impulsando para modernizar a administración local da provincia. Ao respecto, Silva destacou que "acabamos de rematar o proceso de implantación da administración electrónica en 54 concellos de provincia, en todos os que nolo tiñan solicitado, e estamos inmersos na implantación deste servizo nas entidades locais menores".


A Deputación de Pontevedra implantou os servizos de administración local nos concellos que o solicitaron de xeito totalmente gratuíto e para facilitar que poidan dar cumprimento á Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas. En total, desde estes momentos, 54 concellos da provincia de Pontevedra poden xa prestar servizos a través da plataforma electrónica, facilitando os trámites a moitas cidadás e cidadáns. Durante este proceso de implantación, tal e como informou a presidenta provincial, a institución provincial formou a preto de 2.200 empregadas e empregados públicos e a preto de 725 cargos públicos.


Carmela Silva adiantou que a partir destes momentos a Deputación de Pontevedra comeza o proceso de implantación da administración electrónica nas entidades locais menores. Ao respecto, en Chenlo, O Porriño, xa se implantou o servizo e en breve se iniciará en Bembrive (Vigo) e Camposancos (A Guarda). Nas cinco entidades locais menores restantes da provincia de Pontevedra (Arcos da Condesa, en Caldas de Reis; Morgadáns, en Gondomar; Pazos de Reis, en Tui e Queimadelos e Vilasobroso en Mondariz) iniciarase o proceso de administración electrónica en función da demanda.


En total, a Deputación de Pontevedra está a investir neste proxecto 800.000 euros converténdose en pioneira en Galicia, ao ser a primeira e única administración en poñer en marcha un proxecto e recursos para axudar aos concellos e entidades menores a facer fronte á Lei 39/2015 e abordar con éxito a súa transformación dixital.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.