GALICIA
O Goberno Galego aproba o complemento de 206 euros para pensións non contributivas
Destaca que a axuda se ingresará de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos, sen necesidade de efectuar solicitudes ou levar a cabo ningún trámite adicional.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacaba a semana pasada na rolda de prensa do Consello a aprobación, un ano máis, do complemento autonómico extraordinario de 206 euros para as preto de 40.000 persoas que perciben pensións non contributivas, do Fondo de asistencia social ou do subsidio de garantía de ingresos mínimos.
Esta axuda ingresarase de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos, sen que teñan que efectuar unha solicitude nin levar a cabo ningún trámite adicional. A Xunta investirá neste complemento case 8,2 millóns de euros.
Galicia é unha das poucas comunidades que mantén esta axuda e unha das que destina unha das contías máis elevadas. Feijóo precisou que este complemento, que xa está incluído nos orzamentos de 2018, será aboado nun pagamento único nos primeiros dez días do mes de xaneiro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61