Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 28 de Diciembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba o convenio con Vigo e Pontevedra para as tres citas do balonmán nacional e internacional

O convenio regula a organización do Campionato Estatal de seleccións autonómicas, do Torneo Internacional de España, así como do Mundial Xúnior 2019.

[Img #37734]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o convenio de colaboración cos concellos de Vigo e Pontevedra para a organización, de tres grandes eventos do balonmán nacional e internacional: o Campionato Estatal de seleccións autonómicas e o Torneo Internacional de España “Memorial Domingo Bárcenas”, que se disputarán na primeira semana de xaneiro, e o Campionato do Mundo Xúnior Masculino de 2019. Para este último torneo será introducida unha addenda do convenio unha vez se reúna o comité de traballo do torneo.

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que “estes campionatos son moi importantes para a provincia pola cantidade de xente que arrastran e por iso encádranse dentro do Plan Estratéxico de Turismo, xa que serven como elemento desestacionalizador”. O primeiro en comezar será o Campionato Estatal de seleccións autonómicas, que arrancará o 2 de xaneiro e rematará o domingo 7. Para este torneo, no que haberá máis de 2.000 participantes chegados de todo España, serán empregados ata 19 pavillóns (21 pistas), 6 en Pontevedra (Pavillón Municipal, Multiusos da Xunqueira, Universitario, CGTD, Príncipe Felipe, Pavillón de Marcón), 10 en Vigo (As Travesas, Navia, Coia, Lavadores, Teis, Candeán, Berbés, Coruxo, Moledo e Valladares) e tamén usaranse o Pavillón da Graña, en Marín, o Pavillón de Poio e as dúas pistas do Pavillón de Porriño.

 

 

 

 

Carmela Silva subliñou que “a provincia será unha festa do deporte con eventos que, ademais, encádranse no Plan Estratéxico de Turismo como elemento desestacionalizador”

 

 

 

 

En relación a este torneo, Carmela Silva afirmou que “estamos a falar dun evento espectacular que permitirá que preto de 2.000 nenos e nenas de todo o país compitan na nosa provincia durante unha semana.”

 

Pola súa banda, entre o 5 e o 7 de xaneiro, Pontevedra e Vigo acollerán o Torneo Internacional de España, preparatorio do Europeo de Croacia, no que a selección nacional masculina enfrontarase a Bielorrusia, Arxentina e Polonia. España xogará os dous primeiros partidos no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra (Bielorrusia e Arxentina) e o terceiro no Pavillón das Travesas de Vigo (Polonia). Este torneo servirá aos “Hispanos” para preparar un novo Campionato de Europa, que xogarase en Croacia do 12 ao 28 de xaneiro. Silva subliñou a importancia de ter na provincia á selección española masculina de balonmán “pois estamos a falar da actual subcampioa de Europa, que preparará en Pontevedra un novo Europeo, o de Croacia, no que chegarán co obxectivo de volver a loitar polas medallas.” Amais, a presidenta da Deputación informou de que tanto as finais xuvenís do Campionato Estatal de seleccións autonómicas como os partidos de España no Torneo Internacional serán retransmitidos por Teledeporte.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.