MOS
A Deputada Provincial de Pontevedra visita as instalacións que COGAMI ten en Mos
Digna Rivas pechou dous programas que financia a Deputación de Pontevedra e que fomentaron a autonomía das persoas.
![[Img #37738]](upload/img/periodico/img_37738.jpg)
A Deputada provincial responsable de Servizos Sociais, Digna Rivas, visitou as instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Mos para poñerlle fin ao programa “Pontevedra Contigo: achegando servizos, impulsando capacidades” que financiou a Deputación de Pontevedra e “la Caixa”.
Este programa, que tivo por obxectivo o fomento da autonomía e igualdade de oportunidades entre as persoas con discapacidade da provincia pontevedresa, iniciou cunha análise das 13 entidades que forman parte da Federación provincial de COGAMI en Pontevedra e nos 4 centros de atención, co fin de detectar as necesidades e demandas das persoas usuarias.
Tras esta análise, detectouse a necesidade de contar con servizos de logopedia, fisioterapia especializada, transporte adaptado, actividades de lecer adaptadas, natación terapéutica e mesmo actividades de termalismo ou a falta dunha traballadora social con labores de sensibilización na poboación. Trala recollida destas demandas, dende a Federación Provincial de COGAMI establecéronse xuntanzas con concellos co fin de poder establecer acordos en beneficio das persoas con discapacidade empadroadas nos mesmos.
Para darlle resposta a estes servizos que demandaban as entidades, este ano puxéronse en marcha iniciativas como a Danzaterapia, Logopedia, Fisioterapia, Termalismo e Natación Terapéutica. En total foron 145 persoas con discapacidade as que se beneficiaron destes diferentes programas, todos eles indicados para mellorar a saúde e, polo tanto, a calidade de vida.
Para poder levar a cabo estes programas de coidado da saúde, contouse cun orzamento de 43.000 euros, dos que 35.000€ foron achegados pola Deputación de Pontevedra e o resto por “la Caixa”. Aproveitando a visita da Deputada Provincial, clausurouse outro programa que apoia a Deputación, un curso de fisioterapia que leva por nome “Conectadas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180