GALICIA
Galiza destruíu 3710 empregos no mes de decembro
A baixada do paro rexistrado non se traduciu nun aumento do número de persoas afiliadas á Seguridade Social.
"O noso país rexistrou 3710 ocupados/as menos en decembro con respecto ao mes anterior a pesar de que o paro baixou nese período en 2162 persoas, o que significa que este descenso do paro non se produciu porque os afectados/as atopasen un posto de traballo senón porque ou ben se deron de baixa dos servizos públicos de emprego ou decidiron probar sorte na emigración" segundo valoran den de a CIG.
Segundo os datos de afiliación á Seguridade Social publicados hoxe, o número de persoas ocupadas en Galiza pasou de 989.157 en novembro a 985.447 en decembro a pesar de que o paro baixou neste período en 2162 persoas. Deste xeito, o paro total rexistrado no noso país sitúase en 185.013 persoas, un 1,16% menos con respecto ao mes anterior. Con todo, esta baixada foi inferior á experimentada no conxunto do Estado, que foi do 1,77%, sendo o segundo menor descenso do desemprego en decembro dende o ano 2012.
"Trátase de novo dunha baixada conxuntural ligada á campaña de Nadal, xa que o sector servizos foi único no que descendeu (un 2,32%). Pola contra, tanto na industria (2,33%) como na construción (5,8%) produciuse un significativo aumento do paro" explica dende a CIG.
"Proba disto é a elevada temporalidade na contratación, até o punto de que dos 71.531 contratos asinados no noso país neste período unicamente 5365 (un 7,5%) foron rexistrados baixo algunha das modalidades de contratación indefinida. O número de contratos temporais incrementouse un 7,15% en 2017 con respecto ao ano anterior" aseguran.
Ao mesmo tempo, o número de persoas que reciben algunha prestación sitúase nas 91.007, o que mantén a taxa de cobertura por debaixo do 50%; en concreto, sitúase no 48,6%. A prestación contributiva unicamente a perciben un total de 38.795 persoas, o que supón só un 42,34%.
"Reformas laborais do PP: máis precariedade e temporalidade"
Así pois, segundo denuncia o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Fran Cartelle, seguimos instalados na temporalidade e na precariedade que provocan as distintas reformas laborais do PP, “un modelo que pretende competir pola vía de baixar os custos de produción, reducir salarios e empeor as condicións da clase traballadora”.
Neste senso, critica que as nefastas políticas do PP ao servizo da elite económica lévannos a unha realidade na que ter un posto de traballo non supón necesariamente esquivar a exclusión social. “É preciso un fondo cambio político para reverter esta situación, un cambio nas políticas económicas e sociais que só pode vir da man dun goberno que defenda os intereses da maioría social”, remata.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191