Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 05 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Ningún neno de Mos quedará sen cumprir o seu desexo de Reis

Os 65 cativos mosenses beneficiarios da campaña Mos Axuda no Nadal recibiron esta mañá no Multiusos os seus agasallos de mans dos Reis Magos.

[Img #37983]

 

Os 65 nenos e nenas mosenses beneficiarios/as da campaña municipal solidaria, Mos Axuda no Nadal, recibiron esta mañá no Multiusos das Pozas, de mans das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, o agasallo que desexaban para este Nadal.


Cumprir as ilusións destes 65 cativos foi posible grazas á colaboración entre o Concello de Mos, AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos) e Mos Axuda, que decidiron poñer en marcha conxuntamente esta iniciativa solidaria baixo o título ‘Mos Axuda no Nadal. Ningún nen@ sen xoguete neste Nadal’. Mos Axuda no Nadal é unha iniciativa solidaria para que ningún desexo dun neno este Nadal quede sen facerse realidade.


Ademais dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, na entrega de agasallos aos pequenos mosenses estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Sara Cebreiro, concelleira de Política Social.


O sistema utilizado para conseguir os agasallos dos 65 cativos beneficiarios consistiu en que os interesados en colaborar con esta campaña podían mercar o seu agasallo para un neno/a mosense a través da páxina web municipal no link https://www.mos.es/mosaxuda-no-nadal/


Os agasallos que se podían comprar na web eran xoguetes, obxectos, materiais ou prendas que previamente os/as nenos/as beneficiarios/as pediron nas súas respectivas cartas aos Reis Magos. Como son 65 os pequenos beneficiarios, tamén son 65 os agasallos que integraban a listaxe entre a que podían elixir os empresarios e/ou particulares para mercar na páxina web do Concello de Mos.


Grazas a esta iniciativa, finalmente ningún cativo de Mos quedou sen cumprir o seu desexo neste Nadal. A rexedora local mosense declarou a este respecto que “esta iniciativa naceu perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, coa colaboración do empresariado, para poder levar a cabo este proxecto solidario e que todos os nenos/as de Mos fixeran realidade o seu desexo nestas festas. Grazas ao traballo e o interese de todos, logramos cumprir o noso obxectivo”, dixo Arévalo.


Rexedora local e edil de Política Social aproveitaron a ocasión para agradecer a colaboración cidadá dos veciños e veciñas de Mos e do tecido empresarial mosense neste proxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.