PONTEAREAS
O PP acusa ao Goberno Local de "prevaricación por certificar varias obras sen rematar"
"O Goberno do Sr. Represas xustificou o remate de tres obras que a día de hoxe, 04 de xaneiro 2018, aínda están a traballar nelas" segundo o PP.
![[Img #37994]](upload/img/periodico/img_37994.jpg)
"Na pasada lexislatura, o Partido Popular de Ponteareas deixara aprobado o proxecto de construción do último tramo da Senda do Río Tea, entre Chan de Gándara (Padróns) e Fozara, con cargo ao POS 2015 da Deputación Provincial de 211.700,87€" segundo asegurna dende o PP Local.
"Pasaron máis de dous anos do goberno do Sr. Represas sen que se executara esta obra, e ao final, para non volver a perder outra subvención, tarde mal e arrastro, decidiron solicitar á Deputación o cambio de aplicación desta subvención para financiar por unha parte un proxecto modificado da “Senda Fluvial e Centro de Interpretación do río Tea cun importe de 107.932 € ao que engadiron o “Proxecto Zona Infantil Parque Perillana” de 57.003,10 €, e a “Remodelación do parque infantil da Gardería Municipal”, de 34.500 €., obras que tiñan que estar executadas e xustificadas totalmente antes do 31 de decembro de 2017" afirman.
Para o PP "o curioso é que aproban as certificacións de fin de obra asinadas polos directores de obra o 20 de decembro de 2017 e o 27 de decembro de 2017 asinan a Acta de recepción das obras, pero a día de hoxe, 04 de xaneiro de 2018 as obras están se rematar, e alí están para ver, no Parque Infantil da Gardería Municipal está sen executar o pavimento continuo de seguridade de caucho negro e a capa superior de colores, nin está rematado o peche perimetral de metacrilato, partidas que suman máis do 50% da obra sen executar, polo tanto nin o 20 nin o 29 de decembro a obra non estaba rematada".
"Na obra Proxecto Infantil Parque Perillana ocorre outro tanto do mesmo, a día de hoxe falta por botar a capa de caucho negro e a superior de colores, ademais non están instalados todos os elementos de xogos, polo que o 20 e 29 de decembro non estaba rematado o parque infantil cando trasladaron á Deputación a xustificación do remate da obra xunto coa Certificación Final de Obra e a acta de recepción da obra, cando tamén só o pavimentado deste parque custa case o 50% da obra aínda sen executar" aseguran.
Por último, "no que atinxe á Senda Fluvial e Centro de Interpretación do río Tea cun importe de 107.932 €, outro tanto do mesmo, a día de hoxe, 04 de xaneiro de 2018, o Centro de Interpretación está sen acabar de montar e os sinais monolíticos non teñen colocadas as lendas previstas" explican os populares.
Por todo o exposto, desde o GM do Partido Popular queren denunciar publicamente "que en Ponteareas instalouse un goberno que actúa fóra da legalidade, cometendo de forma descarada e reiterada actos de prevaricación a sabendas de que moitas das medidas que toman son ilegais".
"Actuacións que cometen a cotío froito da súa deixadez de funcións, que en canto se dan conta que falta pouco tempo para xustificar as subvencións vénlles a présa e non lles importa o máis mínimo saltarse á toreira a lei con prácticas ilegais como estas de certificar obras que aínda a día de hoxe están sen rematar" din dende o PP.
Por todo isto, o PP pedirá no próximo Pleno da Corporación Municipal "responsabilidades e explicacións ao goberno local pola súa falta de programación, planificación e control da acción de goberno que os leva a cometer actos de clara e manifesta prevaricación".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22