Vigo
Trasladada unha persoa en Vigo con síntomas de intoxicación debido á mala combustión dunha caldeira
![[Img #38031]](upload/img/periodico/img_38031.jpg)
A mala combustión dunha caldeira foi a causa pola que unha persoa tivo que ser trasladada despois de verse afectada con síntomas de intoxicación.
Así o constataba o persoal sanitario ao 112 Galicia sobre as 19:00 horas da tarde pasada. Indicaban que unha ambulancia se dirixía ao Barrio de Salgueira Grupo Sindical, en Sárdoma, para asistir a unha persoa que se atopaba con mareos. Ademais, aseguraban que había cheiro a gas na vivenda.
Con estes datos, o persoal do CIAE alertou aos Bombeiros da cidade que, decontado, se desprazaron ao punto indicado. Tamén, informouse da situación aos axentes da Policía Local e de Protección Civil.
Tras chegar ao lugar, a vivenda xa fora ventilada polos técnicos sanitarios, aínda así, os Bombeiros comprobaron a mala combustión da caldeira que había no seu interior polo que, se puxeron os feitos en coñecemento do persoal da empresa subministradora do gas.
A persoa foi evacuada polo persoal sanitario ao Hospital Povisa de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115