PONTEAREAS
O xurado concede o VII premio Fermín Bouza Brey a Lois Ladra
O traballo “A lamprea nas terras do Condado” gaña esta nova edición.
![[Img #38077]](upload/img/periodico/img_38077.jpg)
O xurado do VII premio Fermín Bouza Brey analizados os catro traballos presentados e tras unha ampla deliberación decide conceder o premio ao traballo presentado co título “A lamprea nas terras do Condado: Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial e artesanal e do patrimonio fluvial o río Tea” de Lois Ladra.
O xurado, composto polo Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista; Alfonso Caride de Losada, como representante da Universidade de Vigo; Pablo Otero Piñeyro Maseda, do Instituto Estudios Galegos Padre Sarmiento; José César Llana Rodríguez, do Consello Galego de Museos; Rebeca Blanco Rotea, representante do Consello da Cultura Galega e Gonzalo Fernández Álvarez como secretario do citado xurado; valorou que se trata dun traballo “abarcable, concreto e transversal”.
Co Premio de Investigación Fermín Bouza Brey o concello ponteareán quere lembrar o nacemento, na vila do Tea, do ilustre polígrafo e poeta.
Trátase, segundo a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, “honrar a súa memoria e sobre todo o seu traballo de investigación sobre a cultura deste país”. Paralelamente, matiza a responsable de Cultura do Concello de Ponteareas, “o premio permite promover a investigación científica sobre Ponteareas e a comarca do Condado, co que iso supón de afondamento na nosa identidade cultural”.
O premio está aberto aos proxectos de investigación científica nos eidos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias sociais e que, obrigatoriamente, terán que ter como referente o municipio de Ponteareas e, complementariamente, a comarca do Condado.
Os 3.000€ de premio serán entregados en dúas partes, o 25% entrégase unha vez fallado o premio e o outro 75% restante á entrega do traballo de investigación─ dito proxecto debe presentarse cunha memoria onde figuren os obxectivos, metodoloxía, periodización, recursos a empregar, e temporalización do traballo, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213