Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 15 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño impulsa o Plan Integrado de Emprego para Mulleres

Vai dirixido a 85 veciñas menores de 30 anos e sen cualificación profesional de cara a sua volta ao mercado de traballo ou inserción laboral

[Img #38121]

 

O Concello do Porriño porá en marcha o Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM) nos vindeiros meses. Este programa, co-financiado entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, “vai dirixido a un total de 85 mulleres, especialmente mulleres novas, menores de 30 anos e sen cualificación profesional”, como sinala a concelleira de Emprego e Igualdade, Soledad Girón.


O PIEM, engade a concelleira, ten como obxectivo afrontar o desemprego no Porriño “e, máis concretamente, combater a profunda fenda que afecta ás mulleres”. Para atallar esta situación,  levaranse adiante accións de orientación laboral e accións formativas, con prácticas en empresas, que permitirán mellorar as competencias profesionais e as posibilidades de inserción das usuarias no mercado laboral.


Para a participación no PIEM, as interesadas deberán poñerse en contacto coas oficinas da Concellería de Formación e Emprego  no Multicentro de Torneiros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.