Domingo, 05 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 16 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas denuncian o abandono de xestións prioritarias por parte do Goberno Local

Denuncian "obras ou mantementos nas parroquias e no centro da vila que levan esperando en algúns casos varios anos".

[Img #38145]Os socialistas de Salceda denuncian o "abandono que están sufrindo as parroquias e tamén o centro da vila por parte do goberno local".


Aseguran dende o grupo municipal que "a falta de orzamentos e a falta de xestión está levando a Salceda a un estado de abandono extremo, que complica o día a día das persoas que fan uso de servizos ou de instalacións municipais".


“Neste intre xa non son só as parroquias as eternas esquecidas do goberno municipal, isto esténdese tamén ó centro da vila e a áreas tan sensibles como os colexios ou parques infantís”, asegura a concelleira Gela Ledo. A concelleira pon como exemplo o camiño de entrada da sede do CRA Raíña Aragonta que da acceso a aos nenos e nenas deste centro e tamén ós do CEP Altamira, “unha obra que está a rematar dende o mes de setembro e que a instancia do noso grupo se comprometeron a arranxar de xeito inmediato xa no mes de outubro, insistimos no pleno de decembro para que se aproveitasen as vacacións de nadal pero os nenos e nenas volveron ó colexio nunhas condicións lamentables”.

 

A voceira socialista, Verónica Tourón, incide en que "a falta de xestión do equipo de goberno, a mala planificación e a falta de orzamentos para o 2018 que imposibilita a inversión municipal leva a esta situación. Falta de inversión, abandono das parroquias, mantementos básicos de instalacións municipais, etc. As únicas inversións que se están a desenvolver no concello proveñen de fondos da Deputación, e en moitas ocasións estes fondos o alcalde non os destina as prioridades de Salceda, senón a maquillar".


Tourón lamenta que "o alcalde se congratule de novo de que o Concello de Salceda forma parte do proxecto a nivel Estado español denominado 'A Cidade dos Nenos/as', que fomenta proxectos de prioridade dos peóns sobre os vehículos, de camiños seguros para ir ó colexio, etc., porque na realidade está moi lonxe diso. Peticións veciñais e do noso grupo dende o 2015 como o arranxo da estrada que une Maceira coa Lagoela e pola que transitan a pé rapaces e rapazas a diario para poder chegar ó colexio (xa que non hai autobús) continúa sen realizarse, polo que os rapaces e o resto de peóns poñen en perigo a súa vida nesta estrada cada día".


Dende o grupo socialista aseguran que levan "facendo un intenso traballo durante toda a lexislatura presentando propostas e iniciativas e dándolle voz ós veciños. Propostas en relación coas parroquias e tamén co centro da vila e con temas esenciais  pero a maioría delas caen en saco roto". Creen as concelleiras do PSOE que "seguramente a escasos meses das eleccións poranse en funcionamento e seguramente a burocracia á que tanto culpa este goberno municipal non será tan lenta, pero mentres tanto esta parálise quen a sufre somos todos os veciños e veciñas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.