Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 17 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Preséntase na Feira Internacional de Turismo de Madrid o xeodestino “Terras do Condado-A Paradanta”

Os Concellos de Ponteareas, Arbo e A Cañiza, representaron en FITUR aos dez concellos do xeodestino.

[Img #38223]

 

O stand oficial de Turismo de Galicia acolleu a presentación do xeodestino turístico “Terras do Condado-A Paradanta” no marco da Feira Internacional de Turismo que se celebra nestes días e ata o domingo 21 en Madrid.


O Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, acompañados dos alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e o da Cañiza, Miguel Domínguez presentaron o xeodestino turístico que promocionará as riquezas das dúas comarcas.


Os tres alcaldes representaron aos dez concellos que conforman o xeodestino neste evento turístico de alcance mundial. O xeodestino “Terras do Condado-A Paradanta” nace coa intención de sumar esforzos e ofrecer ao turista un paquete completo que lle permita prolongar a súa estancia na zona durante os días que o desexe porque a oferta patrimonial, histórica e natural é ampla e rica.


Á presentación achegáronse empresarios do sector turístico, axencias de viaxes, xestores de destinos turísticos e medios de comunicación.


Nas súas intervencións, os alcaldes puxeron de manifesto o alto potencial turístico e a singularidade deste territorio simbolizado pola auga, a dos seus ríos e as termais e polos viños do Condado. As autoridades locais ratificaron tamén a importante oportunidade de desenvolvemento económico que se presenta entre o sector empresarial e os distintos profesionais desta atractiva zona do sur da provincia de Pontevedra.

 

 

 

 

O xeodestino suma esforzos para ofrecer aos visitantes un paquete completo de patrimonio histórico, natural, gastronomía e paisaxe

 

 

 


Así, no 2017 asinouse un convenio con Turismo de Galicia que permitíu elaborar diverso material promocional presente no stand de Galicia en Fitur: unha web oficial do territorio e poñer en marcha novos produtos de turismo enolóxico nos que participan unha ducia de adegas. Para este ano 2018 xa se traballa para a elaboración dun plan estratéxico de turismo, de vital importancia para seguir o camiño axeitado, e continuarase cunha importante batería de iniciativas en colaboración co sector empresarial.


Na presentación fixeron un rapaso das principais festividades de interese turístico que teñen lugar ao longo do ano e nas que destacan o Corpus de Ponteareas, a lamprea de Arbo, o Requeixo e o Mel nas Neves ou a do Xamón da Cañiza, entre outras como a romaría da Franqueira.


A presentación, á que asistíu a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén acudiron un importante número de profesionais do turismo. O vídeo promocional “Terras do Condado-A Paradanta” pechou o acto captando a atención dos asistentes.

 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.