O PORRIÑO
Unha colisión entre un coche e un camión deixa unha muller ferida de consideración no Porriño
Os servizos sanitarios de urxencia están a atender a unha muller que resultou ferida de consideración tras colidir co seu turismo cun camión que transportaba penso no Porriño.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as doce de esta mañá na estrada de Quintela a Mosende, concretamente no lugar de Pontellas.
Como consecuencia do impacto, a muller que conducía o turismo resultou ferida grave, apuntou o condutor do camión, que se puxo en contacto co 112 Galicia para achegar máis información sobre este suceso.
Deseguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Baixo Miño, aínda que, segundo confirmou o camioneiro, a ferida está liberada e accesible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140