Sábado, 04 de Octubre de 2025

Xornal21
Domingo, 21 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

ABANCA únese aos empresarios de ADETO para facilitar o acceso ao crédito en Tomiño

O banco asina un convenio de colaboración para facilitar o investimento e a constitución de empresas.

[Img #38234]

 

ABANCA e a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería, Industria e de Centros Comerciais Abertos de Tomiño (ADETO) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas a esta organización.


O presidente de ADETO, David Vila, a secretaria de ADETO, María del Carmen Moldes, e o director da oficina de ABANCA en Tomiño, Julio Alonso, rubricaron hoxe na sede da asociación un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do xurde Galicia.


O convenio facilita que os empresarios e emprendedores  da localidade asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición ABANCA pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos.

 

 

 

 

Os empresarios asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega

 

 

 


De maneira adicional, os empresarios asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, asinado entre ABANCA e a Deputación de Pontevedra.


Do mesmo xeito, o acordo asinado inclúe condicións melloradas na contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade, así como o acceso a APLAZOS, o servizo de compras de ABANCA.


Os empresarios adheridos a ADETO poderán acceder tamén ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.