MUNDO EMPRESA
Galicia continúa consolidando as súas vendas ao exterior cun aumento do 7,8%
As exportacións galegas seguen marcando, entre xaneiro e novembro de 2017, cifras históricas e batendo todos os rexistros aportando ao conxunto do Estado o 8,2% das exportacións.
![[Img #38276]](upload/img/periodico/img_38276.jpg)
Galicia continúa consolidando as súas vendas ao exterior cun aumento entre xaneiro e novembro de 2017 dun 7,8% con respecto ao mesmo período de 2016, un ano récord para a Comunidade galega nas exportacións. Ademais, nos 11 primeiros meses do exercicio anterior, segue contando coa segunda mellor balanza comercial de España en termos absolutos, sumando 4.115,6 millóns de euros, só superada por País Vasco.
Galicia aporta ao Estado o 8,2% das exportacións e xa acadou as 2400 empresas exportadoras regulares (con vendas ao exterior de xeito consecutivo durante os últimos catro anos) batendo, a falta do peche do exercicio, o récord alcanzando en 2016 con 2328 compañías.
Por sectores, entre xaneiro a novembro, destacan os incrementos do naval (+76,9%); a metalurxia (+25,3%); a madeira (+17,9%); o agroalimentario (+13,3%); a pesca (+13,2%); ou o téxtil (+11,3%).
Por sectores, nos once primeiros meses do pasado ano, destacan os incrementos do naval (+76,9%), a metalurxia (+25,3%), a madeira (+17,9%), o agroalimentario (+13,3%), a pesca (+13,2%) ou o téxtil (+11,3%)
Por países salientan as subas das vendas a destinos como Dinamarca (+43,9%), Polonia (+36,8%), Países Baixos (+28,7%), Corea do Sur (+32,3%) ou América Latina (+23,8%).
Para seguir impulsando a internacionalización das pemes galegas, a Xunta vén de aprobar, como anticipado de gasto, para este ano 6,5 millóns de euros a través do programa Galicia Exporta, cuxa convocatoria xa está aberta para presentar solicitudes e que ten como obxectivo facilitar apoio directo a máis de 300 empresas e favorecer o seu crecemento nos mercados internacionais.
Así mesmo, a través do Plan de fomento das exportacións galegas (Foexga), a Consellería de Economía, Emprego e Industria prevé impulsar este ano a internacionalización de arredor de 300 empresas, facilitando a súa presenza en feiras internacionais ou a súa participación en misións comerciais directas no estranxeiro. O pasado ano con esta actuación apoiouse a internacionalización de preto de 200 empresas, que participaron en máis de 300 accións promocionais en 36 países.
A Comunidade galega xa acadou as 2400 empresas exportadoras regulares batendo, a falta do peche do exercicio, o récord alcanzando en 2016 con 2328 compañías
Os datos positivos nas exportacións reflicten que Galicia segue avanzando e consolidando a súa recuperación económica. Ao bo comportamento das vendas ao exterior únense outros indicadores como a creación de emprego (o 2017 pechouse con 21.713 afiliacións máis, o que supón un crecemento do 2,25%) ou PIB galego, que acumula xa oito trimestres consecutivos con taxas de crecemento iguais ou superiores ao 3%, prevéndose para 2018 un crecemento do 2,5%, por riba do estimado para España e Europa.
A industria galega, ademais, é cada vez máis forte, xa que entre xaneiro e outubro de 2017 aumentou o IPI un 1%; e o comercio ratifica a súa recuperación cun incremento, nas ventas polo miúdo, dun 1,7% ata novembro de 2017.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217