TURISMO
COGAMI presenta en FITUR un innovador proxecto de promoción do turismo accesible en Galicia
Denominado `Galicia Accesible´, este proxecto inclusivo realizarase en colaboración con Equalitas Vitae, empresa líder na promoción do turismo accesible.
![[Img #38254]](upload/img/periodico/img_38254.jpg)
O stand de Galicia da Feira Internacional de Turismo FITUR foi o lugar elixido pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e a empresa líder na promoción do turismo accesible Equalitas Vitae, para lanzar un proxecto innovador e favorable a todas as persoas que decidan elixir Galicia como lugar de vacacións o tempo de descanso.
Ambas entidades promoverán conxuntamente o turismo accesible e inclusivo en Galicia e para dar fe dilo, tanto o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, como a representante de Equalitas Vitae, Izaskun Benito, firmaron un acordo de colaboración onde se comprometen a traballar conxuntamente para desenvolver plans de accesibilidade no sector turístico galego. COGAMI realizará estudos para diagnosticar as condicións de accesibilidade no aloxamentos e oferta turística e cultural con propostas de melloras nos casos nos que existan carencias nesta materia.
Anxo Queiruga resaltou a importancia deste proxecto para todas as persoas explicando que “o lecer é un elemento básico na vida cotiá, un dereito e un factor de inclusión social, polo que temos que acceder en igualdade de condicións ao goce do turismo”.
Os establecementos que cumpran cos requisitos establecidos de accesibilidade, recibirán un distintivo de GALICIA ACCESIBLE
Equalitas Vitae axudará na promoción e posicionamento dos destinos que cumpran cuns requisitos de accesibilidade establecidos e que garantan un servizo turístico de calidade para clientela con necesidades especiais. Ditos recursos aparecerán promocionados en www.equalitasvitae.com, o portal líder en promoción do turismo accesible en fala hispana e na APP Turismo accesible, dispoñible en versión Android e IOS.
En palabras de Izaskun Benito, “sentímonos orgullosos da iniciativa que estamos realizando con COGAMI para traballar conxuntamente polo desenvolvemento e posicionamento deste destino en materia de turismo accesible”.
Durante a presentación, tamén se anunciou que aqueles establecementos que cumpran coas condicións de accesibilidade establecidas van recibir un Distintivo de Accesibilidade, #Galiciaaccesible, un certificado que garanta un nivel de accesibilidade que testemuña que as instalacións son aptas para persoas con discapacidade. Con esta iniciativa trátase de incentivar ás empresas ou entidades turísticas que traballan en iniciativas de turismo inclusivo e dálas a coñecer dentro do colectivo de persoas con discapacidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22