PONTEAREAS
Esquerda Unida de Ponteareas esíxelle ao alcalde aclaracións sobre o lindano
Despois da aparición "nalgún medio unha nova sobre un suposto traslado do lindano atopado nos barrios de Contrasto e Pereira no Concello de O Porriño, a unha canteira na parroquia de Xinzo en Ponteareas" dende EU Ponteareas amosan a súa preocupación polo asunto.
"Dado o carácter enormemente daniño deste composto químico e ante a información de que este trasladouse en grandes cantidades a unha canteira de Xinzo", Lino Costas, concelleiro de EU-son, decidiu dirixir unha preguntas ao alcalde de Ponteareas "para que aclare esta situación". Entre as preguntas dirixidas dende ESQUERDA UNIDA ao alcalde -e tamén concelleiro de Medio Ambiente- formúlase se é certa esa información e se o Concello foi informado ao respecto.
O lindano é un composto químico especialmente tóxico e daniño tanto para o medio ambiente como para o ser humano. Isto levou a que a UE limitara ao máximo en 2004 o seu uso e produción, dando de prazo ata 2007 para eliminar o seu uso. Polo tanto, e tendo en conta que o lindano é un produto extremadamente perigoso, a súa manipulación e almacenamento debe facerse de xeito que non supoña un perigo de contaminación. Depositar simplemente este produto nunha canteira non parece o procedemento máis axeitado.
ESQUERDA UNIDA considera que "de ser certa esta información estaríamos ante un feito moi grave. Aínda máis se cabe, se temos en conta que un residuo destas características pode contaminar os acuíferos, polo que xa estaríamos falando dun problema que pode afectar directamente á saúde da veciñanza de Ponteareas".
Polo tanto ESQUERDA UNIDA qasegura que "non tolerará ningún tipo de conduta tibia por parte do Concello con respecto a este problema e esixe que se aclare a situación e que, no seu caso, se tomen todas as medidas necesarias para evitar que este residuo supoña un perigo para o medio ambiente e para as persoas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213