Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 20 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

80 expositores danse cita na III Mostra da Camelia Cidade de Tui

A inauguración terá lugar o sábado ás 12.30h na sala de exposicións da Área Panorámica

[Img #38271]

Este sábado, 20 de xaneiro, ás 12.30h terá lugar na sala de exposicións da Área Panorámica a inauguración da III Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada por ATUCA, a Asociación de Amigos Tudenses da Camelia, co patrocinio do Concello de Tui e da Deputación de Pontevedra, e a colaboración da Sociedade Española da Camelia.

 

O acto inaugural correrá a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ao xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e un representante da Deputación de Pontevedra. Tamén se contará coa presenza Laura Almuíña da Sociedade Española da Camelia, e Pilar Vela da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

 

A III Mostra da Camelia de Tui, precedida polo éxito das dúas edicións anteriores, contará coa presenza de preto de 80 expositores chegados de toda Galicia, Asturias e do Norte de Portugal que ao longo de dous días amosarán distintos exemplares de variedades da camelia, así coma tamén expositores representantes da industria xurdida desta especie  con produtos de cosmética como aceites ou xabóns, pero tamén cada vez máis coa produción de té que ten como orixe unha variante da camelia.

 

De forma paralela á mostra foi convocado un concurso de debuxo e poesía sobre a temática desta planta, cuxos premios serán entregados tras o acto inaugural.

 

A exposición poderá visitarse, con entrada de balde, o sábado de 12.30h a 14h e de 16.30h a 20.30h e o domingo de 10 a 14h e de 16.30h a 20h.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.