MOTOR
PSA Retail inaugura en Vigo 6.800 m2 de espazo ao servizo de tres marcas
![[Img #38284]](upload/img/periodico/img_38284.jpg)
Un ano despois da creación de PSA Retail, nacido da fusión das sucursais de Citroën e Peugeot propiedade de Groupe PSA en España e Portugal, inaugurouse o pasado día 18 en Vigo a que é a primeira instalación ‘tri-marca’ en Galicia do Grupo, nun edificio con máis de 50 anos de historia, xa que comezou como concesionario Peugeot en 1967. Cunhas previsións de vendas para este ano 2018 de 3.000 vehículos (novos e de ocasión) e unha facturación de máis de 43.000 horas de taller, PSA Retail Vigo posiciónase como o estandarte de PSA Retail na cidade.
Coa presenza de Christophe Mandon, Director Xeral de Comercio España e Portugal de Groupe PSA e de Frédérich Puech, Director do Polo Industrial Ibérico de Groupe PSA, Alfredo Vila, Director de PSA Retail España e Portugal inaugurou onte estas modernas instalacións onde convivirán tres das marcas de Groupe PSA. Cada unha dispoñerá do seu espazo independente e totalmente identificado, acorde ao posicionamento e a identidade das marcas Peugeot, Citroën e DS. Estará dotada de tres showrooms con 1.600 m2 de exposición de vehículos, vestidos coa máis nova identidade de cada unha das marcas, e poñerá a disposición do cliente un taller de servizo postventa de gran volumetría.
Máis de 64 colaboradores especializados na venda do vehículo novo, do vehículo de ocasión e das actividades de postventa póñense ao servizo dos clientes da cidade de Vigo. PSA Retail Vigo, ofrecerá ademais aos seus clientes unha experiencia de usuario personalizada, poderán beneficiarse de novas vantaxes como a xestión de citas en liña, a posibilidade de financiar as reparacións ou a cesión dun vehículo de cortesía, o diagnóstico do vehículo on- line, ademais de promocións permanentes con prezo pechado en operacións de mantemento. Todos estes servizos están dispoñibles nun horario amplo de luns a sábado.
As instalacións da Avenida de Madrid responderán coa solidez do respaldo de PSA Retail España ás ambicións comerciais do Grupo na cidade de Vigo grazas ao éxito dos últimos lanzamentos das gamas das tres marcas como os novos Peugeot 308, Citroën C3 Aircross e DS7 Crossback.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.182