Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 24 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Victoria Alonso reelexida secretaria xeral do PSDEG-PSOE de Mos

[Img #38346]

 

Trala celebración da asemblea local o pasado domingo 21 de xaneiro, os militantes socialistas volven confiar en Victoria Alonso como Secretaria Xeral e volven darlle o seu apoio. Sen máis listas presentadas, logra un triunfo por unha ampla maioría de votos a favor.


A nova executiva encabezada por Victoria Alonso conta con José Antonio Mantilla Fernández coma Secretario de Organización, Tomás Garcia Morgadas coma Secretario de Finanzas, Chiche Vila Pampillón coma Secretaria de Igualdade, Carlos Seijo Coello coma Secretario de Política Municipal, Eladio Fernández Pérez coma Secretario de Acción Electoral e Alejandro Figueroa Exposito coma Secretario de Xuventude e Formación.


Este novo equipo que comeza a súa andadura a pouco máis dun ano vista das eleccións ten coma obxectivo principal dar a coñecer a mala xestión do Partido Popular. “Somos un equipo con xente nova e con xente con experiencia, con ilusión e con ganas de facer chegar os nosos ideais a rúa” manifesta a Secretaria Xeral e engade que “aínda que no papel somos menos, a realidade é que a militancia está volcada coa executiva e o grupo municipal para que a veciñanza coñeza as nosas propostas”.


Victoria Alonso agradece a confianza depositada e di que “unha nova etapa ábrese para o grupo socialista de Mos, xa que temos moitas ganas de traballar neste proxecto a longo prazo que o presentamos coma sólido e no que todos temos a finalidade común de poñer o PSOE mosense na posición que se merece”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.