Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 24 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Aberto o prazo para participar na ruta ornitolóxica polo esteiro do Miño e a Foz da Ramallosa

As persoas interesadas en participar na segunda destas rutas gratuítas poderán presentar a súa solicitude ata o xoves 1 de febreiro

[Img #38359]

No marco da campaña “Voando nas Rías Baixas”, as rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO BIRDLIFE que comezaron a pasada fin de semana no Complexo Intermareal Umia-O Grove, o esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa serán os protagonistas da segunda ruta gratuíta guiada o vindeiro 4 de febreiro. Deste xeito, as persoas interesadas en participar na segunda ruta do programa poderán presentar a súa solicitude desde hoxe mesmo, 23 de xaneiro, e ata o xoves 1 de febreiro a través da páxina web www.depo.gal ou ben dos rexistros da Deputación de Pontevedra en Pontevedra e Vigo.

 

A ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa, que terá lugar o domingo 4 de febreiro, coincide cos actos de celebración do Día Mundial das Zonas Húmidas polo que o persoal especializado de SEO BIRDLIFE, que guiará a ruta e facilitará material para poder avistar as diferentes aves, tamén achegará información sobre a importancia das zonas húmidas para o ser humano e para a natureza en xeral.

 

O esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa trátanse de zonas cunha grande variedade de hábitats. Así, falamos de zonas especiais de conservación e zonas de especial protección para as aves e nelas acóllense milleiros de aves de invernada ou que empregan o espazo no seu tránsito cara o Sur. Así, podemos atopar limícolas como mazaricos, biluricos, pilros ou avefrías como patos, garzas, mergullóns ou pentumeiros. Tamén se poden ver aves rapaces, entre as que destacan a gatafornela, o lagarteiro cincente e a aguia peixeira, podendo observar a súa espectacular forma de pesca.

 

Xunto á ruta polo esteiro do Río Miño e a foz da Ramallosa,  conforman “Voando nas Rías Baixas” a visita guiada ao Complexo Intermareal Umia-O Grove (que tivo lugar a pasada fin de semana) e ás Brañas de Xestoso (en maio de 2018). A campaña forma parte das actuacións enmarcadas no Plan Estratéxico de Turismo, presentado hai unha semanas xa que se trata dunha oportunidade de diversificar o turismo na provincia de Pontevedra ao tempo que sensibilizamos á cidadanía local sobre a necesidade de preservar estes espazos protexidos.

 

Cada unha das rutas ornitolóxicas do programa da Deputación de Pontevedra “Voando nas Rías Baixas” conta con prazas limitadas, xa que o grupo non poderá exceder de trinta persoas ao tratarse dunha actividade que non pretende ocasionar impacto ambiental sobre estas zonas protexidas.

 

A Deputación de Pontevedra está a apostar polo turismo ornitolóxico como unha nova modalidade para coñecer a provincia. Deste xeito, xunto con estas novas rutas, a institución provincial patrocinou no 2017 o documental “España, la tierra prometida” na que as Rías Baixas protagonizaron tres dos catro capítulos que o conforman.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.162

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.