GALICIA
A comunidade galega contará coa primeira lei que regula o aproveitamento lúdico das augas termais
Os períodos durante os cales estarán autorizados os proxectos dependerá do solo onde estean instalados
![[Img #38405]](upload/img/periodico/img_38405.jpg)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana na rolda de prensa do Consello que Galicia será a primeira comunidade en contar cunha lei que regule o aproveitamento lúdico das augas termais, establecendo unha fronteira clara entre as augas termais destinadas a fins terapéuticos e preventivos e as destinadas a fins lúdicos e que achegan tamén beneficios para a saúde dos usuarios.
Ao longo da súa intervención, Feijóo avanzou que o novo texto se marcará catro obxectivos fundamentais: velar pola salubridade e a hixiene deste tipo de aproveitamentos termais, que terán que acreditar; garantir a súa sustentabilidade ambiental, para evitar que se degrade a súa calidade ou se reduza o seu caudal; protexer a súa integridade; e promover o desenvolvemento económico e social das zonas nas que xorden.
O presidente destacou que a futura lei delimitará entre establecementos balnearios -con usos terapéuticos- e espazos termais -con uso lúdico-. Ademais, engadiu que, dentro destes últimos, cómpre distinguir tamén as piscinas termais de uso lúdico, un vaso ou conxunto de vasos cuxa auga de alimentación foi declarada termal.
Feijóo destacou, ademais, que os períodos durante os cales estarán autorizados os proxectos dependerá do solo onde estean instalados: se están en solo público, outorgarase unha concesión administrativa por 30 anos, prorrogable ata un máximo de 75; e se están en solo privado, serán autorizadas polo período previsto no proxecto, revisable como máximo cada 10 anos.
A futura lei ofrecerá garantías tanto para os propietarios das piscinas termais que xa están funcionando, como para os interesados en impulsar novos espazos con este tipo de augas, e tamén para os usuarios
O responsable do Goberno galego afirmou que a nova norma tamén recollerá o réxime de inspección e sancións e dereitos e obrigas, sendo as máis importantes: satisfacer as condicións hixiénico-sanitarias que indique o órgano sanitario; constituír unha garantía financeira do 4% sobre o investimento do proxecto; e formalizar un seguro de responsabilidade civil.
E, en canto aos aproveitamentos lúdicos de augas termais que xa existen, está previsto que conten cun prazo dun ano para a súa regularización unha vez se aprobe a lei.
Feijóo aseverou que a Xunta avanza na súa aposta por aproveitar dun xeito sustentable a riqueza termal do noso país: como se fixo co plan “Ourense, provincia termal”, como está a facer co Plan de turismo e saúde termal de Galicia, e como está a facer co primeiro ecobarrio galego, que promove a Xunta na cidade de Ourense.
Por último, Feijóo incidiu en que esta lei suporá novas garantías para este sector, fundamental na oferta turística de Galicia: tanto para os propietarios das piscinas termais que xa están funcionando, como para os interesados en impulsar novos espazos con este tipo de augas, e tamén para os usuarios.
“Con esta lei o termalismo galego gaña en seguridade tanto para os promotores como para os usuarios, gaña en blindaxe legal e gaña en potencial económico e turístico”, concluíu Feijóo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191