Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 27 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A 'Guardesiña' a foca que apareceu varada na Guarda

[Img #38447]

 

O alcalde de Nigrán, Juan González, visitou onte a 'Guardesiña', a foca gris que varou no porto de A Guarda hai pouco máis dunha semana en moi mal estado e que se atopa recuperándose na UCI do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) en Nigrán. O animal, de aproximadamente tres meses e que nun principio se deu por macho, é femia e evoluciona favorablemente tras realizar unha travesía de miles de kilómetros. "Xa se alimenta de xarda tres veces ao día e pesa actualmente 15 kg, un máis de cando chegou", explican dende o CEMMA, onde o obxectivo é, trala súa recuperación, devolvela ás costas de Irlanda na Primavera.

 

"Ás veces só somos conscientes do que significa o CEMMA cando ocurren fitos como este, pero se trata dunha entidade de referencia que traballa arreo todo o ano polos animais mariños; para Nigrán é un orgullo que teñan aquí a súa sede. Dende o Concello aproveitamos esta ocasión para recoñecer o seu labor e agradecer o seu traballo", sinala o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.