TURISMO
‘Fortalezas Enfrontadas’, unha ruta de sendeirismo para coñecer a fronteira entre Galicia e Portugal
Dar a coñecer a fronteira entre Galicia e Portugal, a máis antiga de Europa, é o obxectivo da axencia turística Volta Montana coa súa ruta ‘Fortalezas enfrontadas’, que conectará Tui e Valença do Minho este sábado 3 de febreiro.
Aínda que hoxe é unha das rexións con maior mobilidade da Península Ibérica, este territorio fronteirizo foi escenario de numerosas disputas ao longo dos séculos. De xeito entretido, esta ruta pretende achegar a todos os públicos os segredos dun lugar tan próximo pero descoñecido para moitos.
Trátase dunha ruta de dificultade baixa e dirixida a todos os públicos, incluídos nenos, cunha lonxitude de tan só 6,5 quilómetros nos que os asistentes poderán coñecer dous países, dúas culturas diferentes pero moi ligadas. O percorrido comeza nunha das beiras do río Miño, en Tui, coñecendo a catedral e as murallas desta localidade, para continuar atravesando a ponte internacional que une ambos países e rematar na fortaleza de Valença.
A ruta ten o seu inicio na praza Frei Rosendo Salvado de Tui ás 10.00 horas, para culminar en Valença ás 14.00 horas. Os interesados poden atopar máis información na web www.voltamontana.com.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149