Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 31 de Enero de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Xunta eliminará o tramo de concentración de accidentes na PO-552 entre Tomiño e Tui

Esta actuación permitirá mellorar de forma inmediata a seguridade viaria, mentres se avanza na execución da VAC.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, mativo esta semana unha reunión co alcalde de Tui, Carlos Vázquez, para estudar a actuación no seu concello do proxecto de mellora de seguridade viaria en dous tramos de concentración de accidentes situados nos municipios de Tomiño e Tui, na estrada PO-552, entre os puntos quilométricos 58+300 a 61+400 e 68+500 a 69+900, incluidos no Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020.

 

Esta actuación permitirá mellorar de forma inmediata a seguridade viaria, mentres se avanza nos traballos de treitos pendentes da Vía de Altas Prestacións entre Tui e a Guarda.

 

Francisco Menéndez explicou que as actuacións previstas desenvolveranse no tramo comprendido entre a glorieta do acceso a Figueiró e a parroquia de Sobrada; e proxéctase ademais una mellora da intersección existente na PO-350 no punto quilométrico 71+000, que aínda que está fora dos treitos cualificados como TCAs é necesario mellorar.

 

 

 

 

O director da AXI destacou que as principais actuacións proxectadas inclúen a creación de tres glorietas

 

 

 

 

O director da AXI destacou que as principais actuacións proxectadas inclúen a creación de tres glorietas: unha no Pq 60+600, na intersección coa PO-344 de acceso ao núcleo de Tomiño; outra no Pq 61+400, ao final da travesía do Ramo, para facilitar os xiros en condicións de seguridade; e tamén no punto quilométrico 71+000, para mellorar a seguridade no cruce coa PO-350 (Areas-Tomiño).

 

Así mesmo, efectuarase a mellora da intersección do Pq 69+150 na intersección a Dorrada, na travesía de intersección, ampliando o carril central de espera para os xiros á esquerda; executaranse cuñas para o cambio de velocidade nas interseccións de maior tráfico, para facilitar as saídas da estrada ou ás incorporacións a ela e tamén vías de servizo en varios treitos para canalizar os accesos, permitindo os xiros en puntos mais seguros.

 

O documento técnico que recolle estas actuacións foi sometido a información pública por parte da Axencia Galega de Infraestruturas, e poden presentarse alegacións ao mesmo ata o 23 de febreiro.

 

[Img #38466]

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.