Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 02 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Aprobada a subrogación do arrendamento da parcela de Panelfa á empresa Ingeniería de Proyectos Marinos S.L

Unha das condicións deste acordo é o fomento do emprego ao esixírselle ao novo concesionario a creación dun mínimo de 20 postos de traballo.

[Img #38517]

 

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou o luns por maioría dos seus membros en sesión ordinaria do mes de xaneiro a subrogación do dereito de superficie da parcela municipal 1.A.2.0003 arrendada pola empresa Panelfa que lle traspasará agora a titularidade do dereito de superficie á empresa Ingeniería de Proyectos Marinos S.L.

 

Unha vez aprobada polo Pleno da Corporación a subrogación, faise firme o acordo de autorizar a cesión do dereito de superficie que Panelfa S.L. ten sobre a parcela de titularidade municipal, sita en Dornelas; nas mesmas condicións e prazo; previo pago do 10% do prezo da transmisión que nunca será inferior a 12.000 euros e o depósito de garantía. E autorizar o cambio de actividade ao ter presentado o novo titular o correspondente proxecto e ser permitida pola normativa urbanística.

 

 

 

 

O cambio de titular do dereito de superficie deste terreo incrementa nun 10% a renta anual a ingresar polo Concello

 

 

 

 

As condicións xerais desta subrogación para o novo titular son manter durante a vixencia do contrato ou das prórrogas, a inversión e a actividade industrial ou comercial e a totalidade de obrigas que establecen os pregos, que o outorgamento polo órgano competente para a cesión do dereito de arrendamento non exime da obriga do cesionario de presentar o correspondente proxecto de actividade, que o Concello de Mos procederá ao establecemento dunha elevación do prezo da renta nun 10% a satisfacer polo cesionario, e que o cesionario debe asumir a creación ou establecemento dunha actividade que supoña a creación de 20 postos de traballo coas condicións legais e previstas nos pregos.

 

O canon anual a aboar polo dereito de superficie ascende a 25.000 euros, e en todo caso, dita renda sufrirá como consecuencia da cesión un incremento por importe do 10%, segundo aplicación das condicións específicas dos pregos de condicións e ademais no momento no que se acorde e formalice esta cesión a empresa cedente debe estar ao día nos seus pagos fronte ao Concello de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.