Sábado, 11 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 01 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Dous investigados en Mos coma autores dun delito de “roubo con forza”

As detencións realizáronse por axentes da Policía Local do Porriño

[Img #38541]

 

Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención, no termo municipal de Mos, de  J.M.R.V. y J.L.V.M., coma presuntos autores da comisión  dun delito contra o Patrimonio e a Orde Socioeconómica -roubo con forza-.

 

A Policía Local indica que os feitos ocorreron ás 02:25 horas de hoxe: na Xefatura recibiuse unha chamada na que unha persoa informaba da comisión dun feito delituoso en Mos. O denunciante, sinalou que estaba vendo coma persoas descoñecidas cargaban material dunha vivenda en construción.

 

Ante estas circunstancias, os axentes deron aviso, axiña, á Garda Civil, que desprazou ao lugar a varios axentes.

 

Xa no lugar os policías puideron comprobar a veracidade dos feitos e proceder á detención destas dúas persoas que foron entregadas aos Gardas Civís, que eran aos que lles correspondía a competencia territorial e iniciar as dilixencias xudiciais pertinentes.

 

Con esta actuación, os axentes da Policía Local do Porriño suman 6 detidos, en 15 días, pola presunta comisión dos delitos de Roubo con forza.

 

O xefe da Policía, subliña, unha vez máis, que “a colaboración cidadá é imprescindible e fundamental para esclarecer este tipo de condutas delituosas” e pide a calquera veciño que detecte algunha conduta que considere estraña que non dubide en comunicarllo ás unidades policiais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.