NIGRÁN
Ciudad Ciencia festexa o 'Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia' no IES Val Miñor
Pilar Riobó e Mar Nieto Cid, investigadoras do Instituto de Investigacións Mariñas, e Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, protagonizan unha xornada dirixida a estudantes da ESO.
O Concello de Nigrán, a través do proxecto de divulgación 'Ciudad Ciencia' impulsado polo CSIC e a Obra Social La Caixa ao que se adheriu o municipio no 2017, ofrece mañá venres unha xornada no IES Val Miñor enmarcada no 'Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia'.
Pilar Riobó e Mar Nieto Cid, investigadoras do Instituto de Investigacións Mariñas, e Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, exporán aos estudantes da ESO que muller de ciencia admiran ou consideran especialmente relevante. A continuación, cada unha falará das súas experiencias persoais tentando buscar puntos en común co alumnado. Para finalizar, abrirase o debate, polo que as tres relatoras levarán preguntas para facilitar o diálogo.
A filosofía desta actividade de Ciudad Ciencia é totalmente divulgativa e co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres na Ciencia mentras o alumnado goza da xornada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85