MOS
Mos aproba o proxecto de expropiación para a obra de saneamento en Tameiga
Ao mesmo tempo a administración local mosense está a levar a cabo o procedemento de licitación dos traballos.
![[Img #38588]](upload/img/periodico/img_38588.jpg)
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou por maioría dos seus membros na sesión ordinaria mensual celebrada o pasado luns, a apobación definitiva do proxecto de expropiación da obra “Conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro”. Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto.
Ao mesmo tempo que o proxecto de expropiación, a administración local mosense está a levar a cabo o procedemento de licitación da obra para levar paralelamente ás expropiacións o expediente de contratación da empresa construtora e así axilizar os prazos.
Unha vez aprobado definitivamente en Pleno o expediente de expropiación, enviouse á Xunta de Galicia a solicitude de ‘necesidade urxente de ocupación’ que se remitiu acompañada do acordo plenario e do proxecto de expropiación. Agora é o Consello da Xunta o que ten que aprobar a devandita ocupación, tal e como explicaron os representantes municipais, Arévalo e Augusto.
Para a realización desta obra de imperiosa necesidade o Concello de Mos aprobou o pasado mes de agosto unha operación de préstamo por un importe de máis de 358.000 euros. Esta obra que fóra comprometida e ía ser financiada polo Consorcio de Augas do Louro (que incluso iniciara no ano 2016 o proceso de adxudicación á empresa construtora) pero que por un erro administrativo (de defectos na tramitación) do Consorcio decidiu asumir a administración local mosense, dada a urxencia da realización desta actuación e da premura e a demanda veciñal que existen sobre a mesma, segundo explica a propia rexedora local.
Esta xestión ven a demostrar a gran eficacia do goberno municipal, que resolveu a problemática xerada por un erro administrativo do Consorcio de Augas do Louro. E é que dende o Concello de Mos levábase máis dun ano esperando a que o Consorcio executase as obras cando, tras un ano de espera, recibiuse a noticia de que non había financiación para a realización das mesmas.
A operación de crédito necesaria para a realización de ditos traballos foi autorizada pola Xunta de Galicia polo importe de 358.000 euros, aínda que a formalización definitiva será polo importe final de adxudicación, xa que pode producirse unha baixa na oferta da empresa que resulte elixida como adxudicataria tras o concurso.
Detalles técnicos da obra
O ámbito de actuación sitúase na parroquia de Tameiga, no centro oeste do concello de Mos, seguindo o trazado da Autovía A-55. As obras consisten na execución de novos colectores de saneamento que amplían e melloran a rede municipal, dando servizo á citada parroquia de Tameiga, na que existen infraestruturas de saneamento fóra de servizo, por falta de conexión coa rede existente.
A nova rede de colectores por gravidade de PVC-315 mm, está formada por un colector principal de 1.260 m de lonxitude, cuxa traza discorre baixo a vía de servizo da A-55 e 1.130 m de ramais transversais de conexión. A nova rede permite a conexión e posta en servizo das infraestruturas existentes, como o colector que da servizo aos núcleos rurais de Caamaña e Seixo, o que recollerá as augas fecais do núcleo de Pazo-Madán.
O tramo central do colector principal, entre os pozos 32 e 35, discorre baixo a nova actuación que promove o Ministerio de Fomento no acceso do PK 10 da A-55, co fin de mellorar a seguridade vial.
O colector principal discorre por gravidade, salvo un tramo de 44 m, que permite elevar a auga desde o Pozo de Bombeo (á cota +167.70 m) ata o Pozo 37 (cota da rasante a +171m). O bombeo deseñouse para recoller por gravidade o colector proveniente de Pazo-Madán.
O prazo de execución da obra é de 4 (catro) meses.
Nos últimos anos nesta zona do concello de Mos, aumentouse a población nun 9%, e os núcleos rurais que poden conectarse á nova rede separativa de saneamento serían: Gándara, Seixo, Caamaña, Pazo-Madán e Levantada.
Realizando un reconto do número de vivendas existentes ás que se daría servizo, e multiplicando por un coeficiente corrector de 1,50, para considerar o máximo crecemento poblacional futuro, obtense un total de 397 vivendas beneficiarias desta obra. Considerando unha media de 3 persoas/vivenda, a poboación que se vai beneficiar
deste servizo básico é de case 1.200 persoas.
Tendo en conta os datos expostos conclúese a urxente necesidade de executar dito proxecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180