CULTURA
O CGAI pon en marcha unha nova sección para difundir o cine galego
Coordinado por Antón Reixa, o programa ‘Pensando en cine, pensando en Galicia’ dá comezo mañá coa poeta Yolanda Castaño e a película ‘Mimosas’, de Oliver Laxe.
![[Img #38602]](upload/img/periodico/img_38602.jpg)
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) abre hoxe unha nova sección destinada a poñer en valor o cine galego en colaboración con personalidades da nosa cultura que traballan en eidos distintos ao audiovisual. O programa Pensando en cine, pensando en Galicia, que contará cunha entrega cada dous meses, está coordinado polo artista, músico e produtor Antón Reixa. O líder da mítica banda Os Resentidos convidará en cada ocasión un profesional da cultura para presentar un filme galego da súa elección.
As proxeccións comezan hoxe ás 18,00 h. con Mimosas de Oliver Laxe, aposta da poeta Yolanda Castaño, que será a primeira protagonista destes encontros para as tardes dos sábados. A autora de Profundidade de campo explicará os motivos da súa escolla nunha introdución á película. Ao termo da sesión producirase un debate arredor do filme, moderado polo propio Reixa.
Mimosas é un dos títulos máis populares da nosa cinematografía recente. Segunda longametraxe do realizador Oliver Laxe, principal figura do Novo Cinema Galego, foi galardoada no prestixioso festival de Cannes en 2016 co premio principal da Semana da Crítica. Conta a historia dunha caravana que axuda a chegar a un Sheikh ao seu lugar de repouso nunha aventura polos montañas do Atlas marroquí.
Próximas citas
Os próximos convidados a participar en Pensando en cine, pensando en Galicia son o premio nacional de literatura infantil e xuvenil Xabier P. Docampo, cuxa novela A casa da luz foi levada ao cine por Carlos Amil; e Susana Seivane, reputada gaiteira de traxectoria internacional. Eles elixirán dous filmes a proxectar entre marzo e xuño no CGAI, en datas aínda por determinar.
Con esta sección, Antón Reixa pretende ofrecer unha nova lectura das películas de Galicia, habitualmente presentadas desde a propia cinefilia e sen tender lazos con outras artes. A iniciativa permite aproximarnos ao noso cine desde diversas perspectivas que enriquecen as obras, moitas das cales serán verdadeiras apostas rescatadas do esquecemento para poñer en valor a variedade da cinematografía galega.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21