Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 07 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Un total de 12 empresas presentaron ofertas para a mellora na estrada PO-400 entre Salvaterra E Arbo

Trátase de dous cruces que contan con carril central de espera, máis teñen visibilidade reducida polo que os xiros non se realizan nas condicións desexables de seguridade.

Un total de 12 empresas presentaron as súas ofertas para a execución da mellora dunhas interseccións na estrada PO-400 entre Salvaterra e Filgueira, concretamente nos puntos quilométricos 19+660 e no 19+700ao seu paso polo Concello pontevedrés de Arbo. Para esta actuación, a Xunta de Galicia ten un orzamento de máis de 218.000 euros.

 

Esta obra, que ten un prazo de execución de tres meses, busca mellorar a seguridade nestas interseccións coas estradas provinciais a Couto, na marxe esquerda da PO-400, e a Vila, na marxe dereita, situadas nun tramo curvo da estrada. Estes cruces contan con carril central de espera, máis teñen visibilidade reducida polo que os xiros non se realizan nas condicións desexables de seguridade.

 

 

 

 

Para mellorar a seguridade viaria das dúas interseccións, transformarase o cruce nunha glorieta centrada no acceso a Couto, que se complementará cunha semiglorieta no acceso a Vila

 

 

 

 

Para mellorar a seguridade viaria das dúas interseccións, transformarase o cruce nunha glorieta centrada no acceso a Couto, que se complementará cunha semiglorieta no acceso a Vila. Esta solución permitirá acougar o tráfico neste tramo da estrada e a realización de todos os xiros nas condicións desexables de visibilidade e seguridade.

 

Ademais, previse o acondicionamento de dúas paradas de bus cun pequeno tramo de bieirarrúa, a sinalización dun paso de peóns e a instalación de alumeado. A obra complementase coas partidas habituais de afirmado, drenaxe e sinalización.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.