GALICIA
A CIG-Ensino cualifica de “decepcionante” a oferta pública de emprego (OPE) para 2018
Na Mesa Sectorial celebrada esta semana a central sindical recriminoulle a Educación que, unha vez máis, non negociara nin as especialidades nin o número de prazas da OPE “actuando coa soberbia habitual” e mesmo desprezando os acordos asinados cos sindicatos estatais, “que lle deron un cheque en branco para non convocar nin unha soa praza a maiores das existentes actualmente”. A CIG-Ensino censura ademais que se anuncie a distribución das 2.050 prazas sen poñer en común as xubilacións actuais e futuras nin avaliar os efectos que terá este reparto no persoal interino de cada especialidade.
A CIG-Ensino reprochoulle esta semana as formas e o fondo á Consellaría de Educación que veu á Mesa Sectorial co reparto pechado das 2.050 prazas correspondentes á OPE deste ano, como é habitual no seu modo de proceder e despois de que o conselleiro anunciase as especialidades a convocar e o presidente Feijoó o número de prazas sen abrir ningunha posibilidade de negociación coas organizacións sindicais. “Así entende o Partido Popular a Consellaría de Educación, como unha finca privada na que ademais atopa quen lle siga o xogo”, denunciou o secretario nacional Suso Bermello, en alusión aos sindicatos estatais que asinaron co Ministerio e a Consellaría dous acordos case idénticos nos que se dá vía libre a que, nos próximos anos, non se convoque ningunha praza a maiores das existentes actualmente. “Queda claro que coa prepotencia non se xoga nin se debería pactar”, subliñou Suso Bermello.
Oferta insuficiente
No transcurso da Mesa, o representante da CIG-Ensino considerou que a actual OPE non cumpre coas expectativas tanto desde a perspectiva do servizo público como desde as demandas do persoal docente. “Sen incremento nos cadros de persoal non é posible mellorar a calidade do ensino, nin reducir as itinerancias, nin a impartición de afíns disparatadas, nin atender correctamente o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). “Se o acordo fixa como tope a cifra de 30.000 docentes orzamentados para o ensino público galego non é posíbel reducir as rateos de alumnado por aula nin recuperar as 18 horas de xornada lectiva en Secundaria e as 21 en Infantil e Primaria. A simple substitución de persoal interino por persoal fixo, que é no que se van converter as oposicións convocadas ao abeiro deste acordo, sen un incremento global do profesorado non permitirá acometer as melloras necesarias nas nosas condicións de traballo”, insistiu Bermello.
Incide na inestabilidade laboral
Para a CIG-Ensino a actual OPE ademais deixa nunha posición vulnerábel o persoal interino que presta servizos en Galiza (3.828 docentes segundo datos de comezos de curso, que actualmente é unha cifra superior á que hai que engadirlle as miles de persoas que teñen contratos de substitución). Neste sentido, Bermello lembrou que “ofertar un número elevado de prazas debe ser o obxectivo para afianzar os postos de traballo pero esta oferta debe vir acompañada dun estudo rigoroso do persoal interino por especialidades e, por suposto, dun acordo de estabilidade que non deixe tirado un número importante de profesorado que leva moitos anos de servizos prestados e aquel que ten máis de 55 anos”. “Pechada a dobre vía ou o acceso diferenciado -que era a nosa demanda pero que o Ministerio non aceptou- e cunha oferta unilateral por parte da Consellaría non existe ningunha garantía para este colectivo que pode verse abocado ao desemprego a raíz destas convocatorias”. Neste sentido, a CIG-Ensino lanzou a proposta de que o actual acordo de interinos se converta nun acordo de estabilidade de forma que garanta o rescate daquelas persoas que poidan perder o seu posto de traballo.
A maiores, o voceiro sindical lembrou a necesidade de que se garanta un proceso selectivo que sexa realmente un concurso-oposición e que non aprobe a primeira fase de oposición un número de persoas que é practicamente o mesmo que o número de prazas que lle corresponde adxudicar a cada tribunal. Precisamente a reforma do Real Decreto de Acceso á docencia aprobado polo MECD non inclúe ningunha mellora ao respecto e introduce cambios na baremación que prexudica a boa parte do persoal interino que traballa en Galiza. O feito de que se reduza de 1 punto a 0,7 puntos por ano o tempo traballado para a Consellaría fai que todo aquel que non teña sete anos de servizos perderá puntuación con respecto ao baremo anterior.
As cifras
Segundo a información proporcionada pola Consellaría en resposta á solicitude da CIG-Ensino os datos da taxa de reposición son os seguintes: 1.028 xubilacións, 28 falecementos, 16 excedencias con perda de praza. Un total de 1.072 ás que se lle engaden 581 por riba da taxa de reposición e 397 prazas de promoción interna.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149