Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 08 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Almorzos saúdables

[Img #38665]

 

Dentro das actividades previstas "obras" do obradoiro Terras do  Miñor VI promovido pola Mancomunidade de Concellos do Val Miñor e subvencionado con Fondos Europeos e a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a realización de Almorzos Saudables. Hoxe día 8 acollen a nenos dos colexios públicos dos tres  concellos, Baiona, Gondomar e Nigrán.

 

Con estes almorzos elaborados e servidos polos alumnos-traballadores do  obradoiro,  preténdese colaborar na sensibilización da adquisición de hábitos máis sans relacionados coa alimentación. O Obradoiro que comezou o día 29 de setembro xa superou o ecuador do seu proxecto.

 

O Presidente da Mancomunidade do Val Miñor e Alcalde de Gondomar, Paco   Ferreira, quere mostrar o seu "agradecemento pola implicación neste tipo de proxectos á Directora do Obradoiro, Marita Pintos, ao persoal docente, ao alumnado, á Concelleira de Deportes Nuria Lameiro e á Concelleira de Educación Iria Lamas, aos concelleiros de Nigrán e ao Alcalde de Baiona".

 

A directora Marita Pintos manifesta a súa "satisfacción pola marcha da actividade, o comedor social segue funcionando, está prevista ademais de almorzos con nenos e adultos, unha comida de San Valentín cos maiores do Val Miñor, e xornadas de portas abertas, con colexios de educación especial e outra moi importante co empresariado da zona co obxectivo de dar a coñecer aos novos profesionais formados cara á súa contratación".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.