Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 10 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán adhírese a un proxecto para promover o turismo de persoas con diversidade funcional

Trátase de que a oferta turística, centrada neste caso no Camiño portugués pola costa, inclúa instalacións e servizos accesibles.

[Img #38706]

 

O alcalde de Nigrán, Juan González, ven de asinar a  adhesión do Concello ao proxecto europeo 'Saber Universal', destinado a promover o turismo de persoas con diversidade funcional, especialmente orientado ás rutas de peregrinación (neste caso ao 'Camiño Portugués pola Costa'). Os documentos 'Carta de Accesibilidade' e 'Plan de Acción' recollen os seus principios fundamentais, que no principal coinciden cos de 'Un Nigrán para todos', o proxecto do goberno municipal para eliminar as barreiras físicas e sensoriais no municipio.

 

 

 

 

"É un proxecto exactamente na mesma liña que 'Un Nigrán para todos', polo que o asinamos con total convicción", sinala o alcalde, Juan González

 

 

 

 

Así, entre os obxectivos están a mellora das habilidades, sensibilización e preparación dos operadores turísticos implicados, aumentar a súa competitividade e estimular a a creación de novos servizos, ou promover o produto turístico como unha experiencia destinada a tódolos públicos. Da aplicación destas medidas agárdanse resultados como: un itinerario persoal accesible e continuo en todo o Camiño; sinalización uniforme tamén nas instalacións e servizos adheridos; accesibilidade universal (física e sensorial) nos vehículos de transporte público e nas instalacións.

 

"Trátase dun proxecto exactamente na mesma liña que 'Un Nigrán para todos', polo que o asinamos con total convicción", sinala o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.