Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 08 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O concello de Tui estuda solucións ás carencias que presentan oo comedor do CEIP nº2

O proxecto construtivo non contempla cuestións coma unha encimeira ou a dotación do mobiliario.

O goberno municipal de Tui traballa para solucionar as carencias que na actualidade presentan as dependencias que acollerán o comedor do CEIP nº2 de Tui na antiga casa do conserxe deste centro.  A gran demanda deste servizo que presta este centro educativo fixo que se plantéxase un novo emprazamento cara un lugar con maior capacidade. Tras as obras acometidas para a súa posta en marcha faltan cuestións necesarias coma unha encimeira, un microondas ou o mobiliario coma cadeiras e mesas, que non se contemplaban no proxecto inicial.


O concelleiro Antonio Castro explica que se trata dun problema que vén de atrás ao que están traballando para dar unha solución. Así para dotar ao novo comedor de mobiliario mantiveron contactos co xefe territorial de Educación, César Pérez, quen amosou boa disposición para facerse cargo destes elementos, xa que segundo o edil tudense son competencia da Xunta.


Con respecto ás outras carencias ás que terá que facer fronte o Concello explicou Antonio Castro que solicitaron orzamentos para coñecer a canto ascendería o importe para a colocación dunha encimeira, entre outros.  Ao carecer de consignación orzamentaria para este cometido  terase que proceder a realizar unha transferencia créditos, con cargo ao gasto corrente que iría xa con cargo aos orzamentos de 2018.


O traslado do comedor escolar do CEIP nº2 quedará supeditado á solución que se dará ás carencias de equipamento que presenta a nova instalación nestes momentos, na que se está traballando, e á posterior aprobación por parte da Consellería de Educación, co informe de Sanidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.