GALICIA
A Xunta propón a comarcalización do parque de bombeiros aos concellos da contorna de Santiago
Os municipios beneficiados expresaron a súa satisfacción pola medida e polo acordo político alcanzado entre Xunta, Deputación e Concello de Santiago.
![[Img #38705]](upload/img/periodico/img_38705.jpg)
O director xeral de Emerxencias, Luis Menor, e o xerente da Axega, Marcos Araújo, presentaron esta semana o plan de comarcalización do parque de bombeiros de Santiago aos municipios da contorna da capital autonómica que sairán beneficiarios coa medida.
Na reunión, á que asistiu o concelleiro de Santiago, Xan Duro, os alcaldes dos concellos implicados no proceso coñeceron os detalles específicos do plan que se quere desenvolver non só en Santiago senón na contorna das sete grandes cidades. Menor, ademais, puxo en valor a importancia do acordo alcanzado a semana pasada entre a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, gobernados por forzas políticas diferentes, e destacou a satisfacción dos municipios beneficiados pola medida.
A comarcalización do parque de bombeiros de Santiago prestaría servizo a case 200.000 persoas. Oito concellos recibirían atención directa (Santiago, Ames, Boqueixón, O Pino, Oroso, Teo, Trazo, Vedra) e, nunha primeira estimación, outros tres terían servizo de xeito complementario (Brión, Padrón e Rois), aínda que terán que ser os traballos técnicos os que definan o modelo ao detalle. Ames, como concello de máis de 20.000 habitantes, mostrou hoxe a súa predisposición a colaborar economicamente no proceso, tal e como establece a lexislación.
O Concello de Ames, o único de máis de 20.000 habitantes implicado no proceso, manifestou a súa predisposición a colaborar economicamente
O obxectivo co que se traballa é conseguir a comarcalización de Santiago durante este ano de 2018. Paralelamente, A Xunta continuará co proceso de comarcalización e de conversas con alcaldes das grandes cidades. Tras Santiago seguirán A Coruña, Ourense e Lugo (Ferrol xa se atopa comarcalizado).
A intención da Xunta é trasladarlle tamén todo o abordado a Pontevedra e Vigo, aínda que depende da Deputación Provincial, que é a que ten a competencia en emerxencias para concellos de menos de 20.000 habitantes e quen participa nos consorcios ao 50%.
A comarcalización dos parques das cidades e a creación de novos servizos nas zonas de sombra, previstas pola Xunta de Galicia e abordadas no Grupo de Traballo polas emerxencias, permitirán que, cando se produza unha incidencia, se estenda o tempo de resposta de 20 minutos dun 65 a un 90% do territorio e dun 87 a un 95% da poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149