MUNDO EMPRESA
A produción industrial pecha 2017 cun incremento do 1,8%
Neste crecemento foron decisivos sectores como o do téxtil cun 18,9% máis, da industria da madeira cun 17,9% ou a fabricación de vehículos cun 6,2%.
Galicia pechou 2017 cun incremento da produción industrial do 1,8%, o que ratifica o destacado papel deste sector na recuperación económica da Comunidade.
O Índice de Produción Industrial (IPI) de Galicia medrou en decembro un 6,4% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que sitúa a Comunidade como a cuarta que máis sobe, tras Estremadura, Baleares e Castela - A Mancha, ademais de medrar máis do dobre que a media estatal que se situou nun 2,9%. A tendencia desvela, ademais, que o IPI mantivo un maior crecemento en Galicia respecto do conxunto do Estado desde a segunda metade de 2017.
Por sectores, destacan os incrementos na confección de roupa, do 18,9% durante o ano pasado; na industria da madeira e da cortiza, que sobe un 17,9%, e da fabricación de vehículos a motor, cun incremento do 6,2%.
No mes de decembro o índice rexistrou un incremento do 6,4% con respecto ao mesmo mes de 2016, o que sitúa a Comunidade en cuarto lugar a nivel estatal
Esta tendencia no crecemento industrial completouse durante o ano pasado cun incremento das exportacións do 7,8% ata novembro de 2017; unha mellora do sector no mercado laboral xa que o paro industrial descendeu en preto dun 14% a peche de 2017 con respecto a decembro de 2016 e, segundo os últimos datos da EPA, foi o sector económico que creou máis emprego no último ano cun ritmo de crecemento do 4,71%; e a creación de máis de 4000 empresas cun incremento do capital, con respecto a 2016, do 55%
O Goberno galego está apoiando o incremento da produción industrial a través da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos para o ano 2020 que o peso da industria creza no PIB galego. Así como a través da nova Lei de implantación empresarial que busca facer de Galicia unha terra de oportunidades favorecendo os investimentos empresariais na Comunidade con medidas que ofrecen máis simplificación administrativa, máis incentivos e máis facilidades para o acceso ao solo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104