Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 09 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda crea máis de 50 novas prazas de aparcamento gratuíto

[Img #38730]

 

O Concello de Salceda de Caselas está a rematar a adecuación de novas zonas de aparcamento detrás da Praza de Abastos. Os novos espazos, que suman un total de 2.270 metros cadrados e supoñen a creación de máis de 50 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estarán dispoñibles para ser usados xa nestes días de Entroido, en que afluencia a Salceda de Caselas se prevé multitudinaria. O proxecto levouse a cabo grazas á colaboración dos propietarios dos terreos que, en diálogo constante coas Concellarías de Tráfico e Vías e Obras, ceden o uso dos mesmos de xeito totalmente altruísta para a creación de novas prazas de aparcamento públicas.


Con estes son xa 13 os aparcamentos esparcidos por todo o núcleo urbán en zonas comerciais e administrativas. Estas áreas resultan fundamentais para a axilización do tráfico e para seguir a conseguir unha maior calidade de vida na vila.


Miguel González, Concelleiro de Vías e obras sinalaba que “seguimos a ordenar un casco urbano castigado durante anos pola construción descontrolada e as rúas estreitas. Damos un paso máis no noso obxectivo de conseguir unha vila sen atrancos nin restricións”.


Pola súa parte Marcos Besada, Alcalde de Salceda´ aseguraba que “a colaboración da veciñanza resulta fundamental para seguir a poñer estes espazos a disposición de salcedenses e visitantes. Seguimos a mellorar a calidade de vida en Salceda, sen esquecernos en ningún momento da potenciación do comercio que se consegue con accións deste tipo”.
 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.