Jueves, 06 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 10 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Concellería de Deportes abre o novo circuíto de Calistenia e "Street Workout" do Porriño

[Img #38751]

 

O concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, fixo unha visita ao novo circuíto de Calistenia e Street Workout que funciona xa no Porriño e que permitirá a aquelas persoas que o desexen, en xeral, e en especial os practicantes destes destas disciplinas, poder exercitarse neste ‘perímetro’, especialmente deseñado e pensado para estas modalidades.


O mesmo, situado no parque da ‘Travesía do Matadoiro’, para a realización de “exercicios específicos e outros complementarios para persoas que practican deporte ao aire libre”, salientou Manuel Carrera, quen lembrou que este circuíto pódese incluír en zonas de fitness ampliando a variedade de exercicios e “facendo unha rutina de adestramento máis completa”, algo que, subliñou fora moi demandado por rapazas e rapaces do Porriño.


Coma demostraron varios dos deportistas que acudiron ao novo parque a exercitarse, o mesmo conta con ‘barras altas’, que están pensadas para tonificar a musculatura de brazos, ombreiros e costas; un banco de abdominais, para mellorar a forza e os músculos superiores do abdome, ou unha estrutura de flexións, con dúas barras horizontais de distinta altura para realizar flexións de brazo.


Carrera lembrou a “aposta incesante, decidida e constante” do Goberno local polo exercicio e a actividade física e por todas as modalidades “que fan que O Porriño sexa recoñecido coma o ‘Concello do Deporte’ por excelencia en Galicia”, algo que, sinalou, pódese ver “na calidade dos nosos equipos, das súas xogadoras e xogadores, dos nosos atletas, adestradores e árbitros”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.