PROVINCIA
Carmela Silva adxudica a contratación da xestión do programa “Depotermal 2018” con preto de 4500 prazas
Silva puxo en valor este programa que “fomenta o envellecemento activo, dinamiza ao sector turístico en períodos de menor actividade e contribúe a desestacionalizar a demanda”.
![[Img #38763]](upload/img/periodico/img_38763.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer a aprobación da adxudicación da contratación da xestión do programa “Depotermal 2018” que ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra. A empresa que levará a cabo a execución e desenvolvemento do programa será Viajes Halcón S.A. tras ter acadado a máxima puntuación das tres empresas presentadas ao concurso público.
Carmela Silva destacou que “Depotermal 2018” está a favorecer o establecemento de novas relacións sociais, a favorecer a participación en actividades que melloran o estado anímico das persoas maiores, a potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e a evitar o illamento e situacións de soidade. Ademais, a presidenta provincial tamén subliñou que “o programa está a ofertar prazas gratuítas, para persoas en situación e ou risco de exclusión social co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación da provincia de Pontevedra”.
Ao concurso público presentáronse tres empresas das cales a que obtivo a maior puntuación foi Viajes Halcón
A Deputación de Pontevedra destina a “Depotermal 2018” un total de 102.000 euros xa que “o programa cumpre co dobre obxectivo de promover o envellecemento activo ao tempo que dinamiza a economía da provincia, impulsando o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade e, polo tanto, desestacionalizando a demanda”.
En total, este ano o programa oferta 4.434 prazas das que 434 serán gratuítas e estarán financiadas pola Deputación de Pontevedra para persoas en situación e ou risco de exclusión social. O programa termal de asistencia diaria sen pernocta conta con 1.248 prazas das que 248 serán gratuítas e o programa termal con pernocta oferta 3.186 prazas das cales 186 se reservarán tamén para persoas en situación e ou risco de exclusión social.
O programa “Depotermal 2018” está dirixido a persoas empadroadas na provincia nadas antes do 1 de xaneiro de 1968, ou aquelas que nacendo con posterioridade son pensionistas, teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou precisan dun respiro familiar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115