GALICIA
A AMTEGA publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións Java
O obxectivo deste arquetipo é ser a base sobre a que se constrúan novos produtos software na Amtega, promovendo a estandarización e a reutilización, e facilitando a publicación como software libre das novas solucións que o empreguen.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións empregando a tecnoloxía Java Spring Web. O código fonte, liberado baixo unha licenza de software, está dispoñible no repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-spw/).
Con esta nova liberación búscase poñer a disposición dos desenvolvedores, tanto particulares, empresas ou outras administracións o esqueleto común das aplicacións que se desenvolven na Amtega, co fin de que poida servir como guía para a realización de aplicacións baseadas nesta tecnoloxía, favorecendo a reutilización e fomentando a estandarización das mesmas. Así mesmo, permitirá tamén que o traballo de liberación das novas solucións que se desenvolvan tomando como base este arquetipo sexa moito máis áxil e sinxelo.
O código fonte liberado non só inclúe o esqueleto para o desenvolvemento de aplicacións, senón que tamén se liberan varios compoñentes transversais que se empregan dentro da Amtega e que poden ser reutilizados en moitos casos de uso, como poden ser sistemas de autenticación de usuario, sistemas de configuración ou un sistema de plugins.
A liberación como software libre deste arquetipo facilita a súa reutilización por parte doutras administracións, e de calquera outra entidade ou particular, así como a colaboración para a súa mellora
Arquetipo de aplicacións Java Spring Web
Spring é un framework, ou entorno de traballo, para o desenvolvemento de aplicacións web usando a linguaxe de programación Java. O Arquetipo pódese entender como un esqueleto base común para a realización de aplicacións, que inclúe xa unha base a partir da cal se poden desenvolver funcionalidades máis específicas.
Este arquetipo xurde como un obxectivo interno de homoxeneizar e estandarizar todos os desenvolvemento realizados con esta tecnoloxía, cumprindo tamén cos estándares Java da AMTEGA, o que facilita tamén o traballo aos provedores tecnolóxicos, e fomentar tamén na comunidade o desenvolvemento e reutilización de compoñentes transversais.
Esta liberación enmárcase no Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia e contou coa participación da Oficina de Software Libre da Amtega, quen elaborou un informe técnico que garante a viabilidade xurídica da liberación e as condicións nas que se pode realizar. O Arquetipo publícase cunha licenza libre ASLv2 (Apache Software License version 2) e tamén baixo a EUPL (European Union Public License).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149