Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 13 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves debate os Orzamentos de 2018

O goberno municipal propón a suba do 14% no orzamentos e reduccións de impostos, algúns de ata o 95%.

[Img #38800]

 

O goberno municipal propón a suba do 14% no orzamentos e reduccións de impostos, algúns de ata o 95%.

 

En canto a reducción de impostos gozarán dunha bonificación do 95% na cota do Imposto as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de “especial interese ou utilidade municipal” por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración e que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, contempladas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85.

 

Asemade, para favorecer a reparación, rehabilitación e reconstrución, de edificacións xa existentes no termo municipal, que foran afectadas polos incendios que tiveron lugar o pasado 15 de outubro de 2017, as obras de reparación, rehabilitación e reconstrución, ou nova construción sempre que veña imposta por imperativo legal, gozarán da bonificación do 95%. Esta bonificación terá efectos retroactivos a tódalas solicitudes de licenza ou comunicacións previas efectuadas dende o 15 de outubro de 2017 e estenderá os seus efectos ata o 31 de decembro de 2018.

 

 

 

 

Hoxe martes día 13 as 20 horas celebrarase no Salón de Plenos a sesión extraordinaria para a aprobación dos orzamentos de 2018 e no que tamén se debatirá sobre a reducción de certos impostos

 

 

 

 

Disporán dunha bonificación do 90 % na cota do imposto as construcións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar. Gozarán dunha bonificación do 90% na cota do mesmo Imposto, as obras de reforma de edifica- cións xa existentes que se realicen co fin de favorecer as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.

 

Estas bonificacións aplicaranse sobre o importe da cota que resulte de multiplicar o orzamento de execución material das obras especificamente destinadas á instalacións ou obras nas que se incor- poren sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar e á eliminación de barreiras arquitectónicas polo tipo impositivo.

 

Tamén gozarán dunha bonificación do 50% as construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.