Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 13 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento está a participar nas labores de busca do pescador portugués desaparecido

Nestes momentos a Deputación de Pontevedra conta cun dispositivo activo no que participan tres persoas e unha embarcación, mantendo o parque do Porriño operativo.

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento está a participar desde esta mañá nas labores de busca do pescador portugués desaparecido o pasado sábado na beira portuguesa do Río Miño. A Deputación de Pontevedra, nestes momentos, ten activo un dispositivo no que están a participar tres persoas e unha embarcación do Consorcio, mantendo amais o parque do Porriño operativo.

 

O home desaparecido o pasado sábado trátase dun pescador portugués de 55 anos que, ao parecer, supervisaba unha pesqueira de lamprea no río Miño. O home, veciño do municipio portugués de Monçao, desapareceu nun tramo situado entre o concello pontevedrés de Arbo e a vila portuguesa.

 

A Deputación de Pontevedra súmase aos traballos de busca do pescador que está a coordinar a Garda Civil. Nestes momentos, amais de efectivos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento e da propia Garda Civil, están a participar persoas da Comandancia Naval do Miño e buzos da Armada.

 

Os traballos realízanse no marco do protocolo de colaboración transforteiriza, ao abeiro dos acordos entre España e Portugal relacionados co tramo internacional do Río Miño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.