PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra súmase ao Día Internacional do Cancro Infantil tinguindo de dourado o Pazo Provincial
O Pazo Provincial estará iluminado de dourado dende a tarde de hoxe ata a madrugada do xoves 15 uníndose ás iniciativas de “Nico contra o cancro infantil".
A Deputación de Pontevedra iluminará de dourado o seu Pazo Provincial para conmemorar o Día Internacional do Cancro Infantil, celebrado cada 15 de febreiro dende 2001. A proposta da asociación “Nico contra o cancro infantil”, o edificio provincial estará tinguido de dourado dende a tarde de hoxe ata a madrugada do xoves.
No 2001 a Organización Internacional do Cancro Infantil declarou o 15 de febreiro como o Día Internacional do Cancro Infantil, un día pensado para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a dureza das batallas que teñen que librar os nenos e nenas enfermos de cancro e as súas familias. O cancro infantil é pouco frecuente (1.400 casos ao ano en España; 14 de cada 100.000 nenas e nenos) e por iso hai escasos recursos destinados ao seu estudo, escaso financiamento para investigación, así como desinterese por parte da industria farmacéutica. Deste xeito, o 15 de febreiro é un día para subliñar que todos os nenos e todas as nenas necesitan ter aceso a un diagnóstico e a un tratamento preciso e a tempo, así como para reivindicar unha mellor atención médica e psicolóxica, independentemente do seu país de orixe, raza, status económico ou clase social.
O Pazo Provincial iluminarase de dourado para conmemorar o Día Internacional do Cancro Infantil. O lazo dourado simboliza o cancro infantil comparando a fortaleza e resistencia dos nenos e nenas con cancro co ouro. Xunto á Deputación de Pontevedra, organizacións de todo o mundo, así como institucións públicas e privadas, grupos da sociedade civil e o mundo académico, empregan o símbolo do lazo dourado para expresar o seu apoio e solidariedade coa loita fronte o cancro infantil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115